Hoxe propóñovos que fagades unha manualidade cunha caixa de ovos. Podedes decidir que facer. Eu coma sempre, déixovos ideas, pero podedes facer estas ou outras que se vos ocorran, vale? Desexando velas!
Hoxe vai de cancións a cousa, para que desfrutedes cantando e rídovos.
Lembrades a canción “Do you like broccoli ice cream”? Pois imos volver escoitala, pero xunto con outras tres similares, pero que vos propón outras receitas moi pouco recomendables.
Hoxe imos repasar vocabulario da comida xuntos con vocabulario dos días da semana.
Non fai falla imprimir nada, podedes facer a ficha online primeiro unindo arrastrando o dedo pola pantalla, e despois premendo nos espazos para escribir os días da semana e escribir co propio teclado do dispositivo que estedes usando. Ao rematar podedes vós mesmos darlle a comprobar respostas para ver que tal o fixestes.
Seguimos co vocabulario da comida. Hoxe imos facer unha pirámide alimenticia, pero en inglés, ok? Como sempre vos digo: se non podedes imprimir, debuxádea.
Na zona “orange” imos poñer “BREADS AND GRAINS”, os cereais e derivados.
Na “green” poremos nunha metade “FRUITS” e na outra “VEGETABLES”, as verduras.
Na “blue” irán os “MILK AND DAIRY”, leite e derivados , nunha metade, e na outra “MEET AND PROTEIN”, carne e proteínas.
Por último na parte superior poremos “FAT, OILS AND SUGAR”, a comida basura, azúcares, e grasas.
O outro día fixemos un organizador para as nosas cousiñas. Hoxe imos facer un colgador que poderedes usar para colgar os vosos debuxos, a bata, a toalla... o que queirades!
O único que precisades é un cartón, decoralo como vos guste, e logo engadir a pinza (que tamén podedes pintar). Incluso podedes poñerlle varias pinzas dependendo de para que o queirades usar vós.
Hoxe traiovos unha sopa de letras para que busquedes as palabras da comida. Se non podedes imprimila, basta con que debuxedes a comida e escribades ao lado o nome das palabras en inglés.
Debaixo tedes que marcar cun X “I like” se vos gusta e “I don’t like” se non. O mesmo: se non podedes imprimir, basta con que fagades dúas columnas e marquedes nun folio.
Hoxe para ir aprendendo máis vocabulario da comida propoño este xogo. Sería bo que o fixerades varias veces ao longo da semana, para ir afianzando as palabras que vos son novas, vale?
Hoxe propóñovos unha manualidade que seguro que vos gusta: facer un organizador para os vosos materiais de traballo. Podedes facelo como vos guste, do tamaño que queirades, e decorar como máis vos guste. Aquí vos deixo algúns exemplos, pero coma sempre para que vos sirvan de inspiración. Espero que o pasedes moi ben facéndoo e que me mandedes as fotos do chulos que vos quedaron.
No centro imos poñer “TASTE” , dobramos as pestanas cara adentro e escribimos os nomes dos sabores.
E por último, nas pestanas so lado de dentro imos botar pegamento e pegar cousas que se correspondan a cada sabor. Por exemplo: en sweet pegaremos azúcar, en salty pegaremos sal, en sour pegaremos polvos picapica, e en bitter un pouco de café.
Despois podedes facer un xogo de sabores coas vosas familias. Vendades os ollos e que vos dean a probar distintas cousas e vós iredes dicindo o sabor que sentides, e en inglés.
Bos días! Hoxe imos utilizar pinzas da roupa para facer animais, persoas... o que se vos ocorra.
Déixovos algún exemplo para que vos sirva de inspiración, pero usade esa imaxinación para crear o que vós queirades! Xa me ensinaredes por mail como vos quedaron 😉
Imos ir rematando o noso lapbook engadindo na última lapela que nos queda dúas cousas. Na metade superior imos poñer os nosos sentidos, e na inferior os sabores. Hoxe so imos facer a superior porque se non é moito traballo para un día.
Primeiro unha canción para que aprendades o vocabulario.
Agora precisades unha forma similar a esta (podedes debuxala nun folio):
Imola recortar e dobrar as pestanas cara adentro.
No centro imos poñer “MY FIVE SENSES”.
Por fóra imos debuxar os órganos dos sentidos.
Detrás de cada órgano, imos poñer a palabra relacionada co órgano, deste xeito.
Hoxe propóñovos facer un debuxo libre e pintalo coa técnica do puntillismo, que consiste en pintar con puntiños con rotuladores. Aquí tedes uns exemplos. Fixádevos no debuxo dos globos que se facedes puntiños separados, queda unha cor máis clara, e se os xuntades máis, queda unha cor máis escura, aínda que estemos usando o mesmo rotulador.
Espero que desfrutedes facendo esta obriña de arte!
Hoxe imos facer a parte de atrás no noso lapbook. Imos debuxar unha cara (podedes se queredes imprimir esta) e imos poñer os nomes das partes da cara, vale? Logo podedes pintala como vos guste.
Imos engadir máis información ao noso lapbook, vale?
Primeiro a canción, a ver como a bailades e cantades!
Pois vamos engadir o nome das partes do corpo na parte central do noso lapbook. Por se queredes imprimir a imaxe, aquí vola deixo, pero podedes simplemente debuxar ao moneco, vale?
Pintámolo, recortámolo, pegámolo e poñemos as palabras, vale?
Déixovos aquí o xogo do corpo humano que vos puxen hai uns días por se queredes volver xogar aproveitando a finde longa que temos por diante.
Seguimos na primavera, así que a ver que vos parece facer unhas flores con material reciclado. Para a maceta podedes usar un bote ou unha botella, que podedes decorar con pegatinas, rotuladores permanentes, fieltro, cartolina, goma eva... o que se vos ocorra. Para as flores usaremos tapóns que teñamos por casa para os pétalos, e palliñas, limpapipas ou pauciños para os talos. Cantas máis cores usemos para os pétalos, máis vistoso quedará. E por suposto, podedes mandarme fotiñas!