Amosando publicacións coa etiqueta Inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inglés. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

Inglés 1º e 2º

O último repaso de inglés do ano.

Para a semana xa non porei máis actividades, así que desfrutade as de hoxe.


Os de primeiro repasamos o vocabulario dos obxectos do cole e logo comprobamos cunha ficha online.


https://es.liveworksheets.com/tq492669yu


Os de segundo imos repasar o vocabulario da roupa. Queredes a canción que tanto vos gustaba? Pois vamos!


https://es.liveworksheets.com/qf729505xe

luns, 8 de xuño de 2020

Inglés 1º e 2º

Good morning!

Estas dúas semanas que quedan, que serán catro clases, imos repasar o dado no curso, vale?

Empezamos o repaso dos números do 1 ao 20 con estas dúas cancións:




E agora as cores coa canción que vos gustaba tanto na aula:


xoves, 4 de xuño de 2020

1º e 2º (INGLÉS)

Hoxe vai de cancións a cousa, para que desfrutedes cantando e rídovos.

Lembrades a canción “Do you like broccoli ice cream”? Pois imos volver escoitala, pero xunto con outras tres similares, pero que vos propón outras receitas moi pouco recomendables.





luns, 1 de xuño de 2020

Inglés (1º e 2º)

Hoxe imos repasar vocabulario da comida xuntos con vocabulario dos días da semana.

Non fai falla imprimir nada, podedes facer a ficha online primeiro unindo arrastrando o dedo pola pantalla, e despois premendo nos espazos para escribir os días da semana e escribir co propio teclado do dispositivo que estedes usando. Ao rematar podedes vós mesmos darlle a comprobar respostas para ver que tal o fixestes.

Premede no enlace⬇️

Days and food

xoves, 28 de maio de 2020

Inglés (1º e 2º)


Bos días!

Seguimos co vocabulario da comida. Hoxe imos facer unha pirámide alimenticia, pero en inglés, ok? Como sempre vos digo: se non podedes imprimir, debuxádea.


Na zona “orange” imos poñer “BREADS AND GRAINS”, os cereais e derivados.

Na “green” poremos nunha metade “FRUITS” e na outra “VEGETABLES”, as verduras.

Na “blue” irán os “MILK AND DAIRY”, leite e derivados , nunha metade, e na outra “MEET AND PROTEIN”, carne e proteínas.

Por último na parte superior poremos “FAT, OILS AND SUGAR”, a comida basura, azúcares, e grasas.


Espero que vos guste! ☺️

luns, 25 de maio de 2020

Inglés (1º e 2º)

Hoxe traiovos unha sopa de letras para que busquedes as palabras da comida. Se non podedes imprimila, basta con que debuxedes a comida e escribades ao lado o nome das palabras en inglés.

Debaixo tedes que marcar cun X “I like” se vos gusta e “I don’t like” se non. O mesmo: se non podedes imprimir, basta con que fagades dúas columnas e marquedes nun folio.



xoves, 21 de maio de 2020

Inglés (1º e 2º)

Bos días!

Hoxe para ir aprendendo máis vocabulario da comida propoño este xogo. Sería bo que o fixerades varias veces ao longo da semana, para ir afianzando as palabras que vos son novas, vale?

A desfrutar!

luns, 18 de maio de 2020

Inglés (1º e 2º)

Imos traballar agora o vocabulario relacionado coa comida, vale?

Tamén imos practicar as estruturas “I like...” (gústame) e “I don’t like” (non me gusta).

Primeiro unha canción que xa coñecedes os de segundo. A cantala!



Agora se queredes practicar, podedes coller alimentos que teñades pola casa e ir dicindo “I like it” ou “I don’t like it”.

E nada máis por hoxe!

xoves, 14 de maio de 2020

INGLÉS 1º e 2º (LAPBOOK 6)

Hoxe remataremos o noso lappbook, e xa poderedes xogar con el libremente.

So nos queda engadirlle os sabores que podemos detectar co sentido do gusto na nosa lingua.

Sweet: doce
Salty: salgado
Sour: ácido
Bitter: amargo



Agora precisaremos unha forma coma esta:


No centro imos poñer “TASTE” , dobramos as pestanas cara adentro e escribimos os nomes dos sabores.



E por último, nas pestanas so lado de dentro imos botar pegamento e pegar cousas que se correspondan a cada sabor. Por exemplo: en sweet pegaremos azúcar, en salty pegaremos sal, en sour pegaremos polvos picapica, e en bitter un pouco de café.

Despois podedes facer un xogo de sabores coas vosas familias. Vendades os ollos e que vos dean a probar distintas cousas e vós iredes dicindo o sabor que sentides, e en inglés.

E nada máis por hoxe! Rematamos o noso lapbook! 😉

luns, 11 de maio de 2020

INGLÉS 1º e 2º (LAPBOOK 5)

Bos días!

Imos ir rematando o noso lapbook engadindo na última lapela que nos queda dúas cousas. Na metade superior imos poñer os nosos sentidos, e na inferior os sabores. Hoxe so imos facer a superior porque se non é moito traballo para un día.

Primeiro unha canción para que aprendades o vocabulario.



Agora precisades unha forma similar a esta (podedes debuxala nun folio):


Imola recortar e dobrar as pestanas cara adentro.


No centro imos poñer “MY FIVE SENSES”.


Por fóra imos debuxar os órganos dos sentidos.


Detrás de cada órgano, imos poñer a palabra relacionada co órgano, deste xeito.


E agora pegamos o pentágono no lapbook e listo!


xoves, 7 de maio de 2020

INGLÉS 1° e 2° (LAPBOOK 4)

Xa vai tomando forma o noso lapbook, verdade? Hoxe imoslle facer a portada.

Precisades unha foto vosa tamaño folio, ou simplemente que vos debuxedes a tamaño folio.

Pegádelo na portada, e logo so tedes que cortalo ao longo coincidindo coa apertura do lapbook e engadir o título: THE HUMAN BODY.

E xa so nos queda engadirlle a última parte, pero iso queda para o luns, vale?

Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 4 de maio de 2020

INGLÉS 1° e 2° (Lapbook 3)

Ola! Seguimos ampliando o noso lapbook? Veña!

Hoxe imos facer a parte de atrás no noso lapbook. Imos debuxar unha cara (podedes se queredes imprimir esta) e imos poñer os nomes das partes da cara, vale? Logo podedes pintala como vos guste.



Un día menos para vernos, peques! 😘

xoves, 30 de abril de 2020

Inglés 1º e 2º (LAPBOOK 2)

Imos engadir máis información ao noso lapbook, vale?

Primeiro a canción, a ver como a bailades e cantades!


Pois vamos engadir o nome das partes do corpo na parte central do noso lapbook. Por se queredes imprimir a imaxe, aquí vola deixo, pero podedes simplemente debuxar ao moneco, vale?


Pintámolo, recortámolo, pegámolo e poñemos as palabras, vale?



Déixovos aquí o xogo do corpo humano que vos puxen hai uns días por se queredes volver xogar aproveitando a finde longa que temos por diante.

luns, 27 de abril de 2020

INGLÉS 1º e 2º (LAPBOOK 1)

Bo día! Como vos dixen a semana pasada, hoxe imos empezar un traballo de inglés que nos vai levar uns cantos días, pero seguro que vos gustará porque imos facer un lapbook do corpo humano. Os de primeiro xa fixeron algún conmigo pero cos de segundo non me deu tempo, así que vos explico como se fai.

Primeiro precisamos un papel, cartolina ou cartón (fino) tamaño A3. Se non tedes, non vos preocupedes porque o podemos fabricar nós xuntando dous folios como vedes na imaxe:


Para seguir, temos que dobrar do seguinte xeito:



E xa temos listo o noso lapbook para empezar a engadirlle cousiñas. Iremos pouco a pouco cada día para ir enchéndoo, vale?

Imos empezar por escoitar esta canción sobre o monstro das cores para recordar o vocabulario das emocións, que vai ser o primeiro que fagamos no noso lapbook.



Ben, agora que xa lembrades as palabras, imos engadir na primeira solapa o vocabulario das emocións. Imos debuxar os emojis e ao lado imos poñer o nome desas emocións coa cor de cada unha. Arriba, de título imos poñer FEELINGS (emocións en inglés).



O xoves seguimos engandindo cousiñas, vale? ☺️

xoves, 23 de abril de 2020

2º de primaria (inglés)

Bos días, peques de segundo!

Hoxe toca repaso dos números e as cores, vale? Non é necesario que imprimades nada, podedes debuxalo nun folio.



luns, 20 de abril de 2020

2º de PRIMARIA (inglés)

Outro xoguiño máis para que pasedes un bo rato de paso que repasades vocabulario en inglés. Esta vez sobre o conto “The Very Hungry Caterpillar”. Espero que o pasedes ben!


xoves, 16 de abril de 2020

Xoves, 16 de abril (2º)

Bos días, peques de segundo!

Hoxe traiovos unha ficha para que repasedes o vocabulario da roupa. Non fai falla que a imprimades, podedes copiala nun folio para facela.


mércores, 15 de abril de 2020

Mércores, 15 de abril

Bos días! Listos para arrancar? Perfecto! Pois subimos ao avión para ir ata Inglaterra, onde visitaremos a cidade de Londres.

Quero que vexades este vídeo no que vos explico onde está Londres, e que cousas imos ver alí.



O primeiro que imos facer é a bandeira do Reino Unido na libreta de ciencias. Podedes imprimila ou debuxala, como prefirades.


No Reino Unido falan inglés, así que imos escribir os nosos nomes en inglés ao lado da bandeira que pintastes.

Xián ➡️ Julian 
Quique ➡️ Henry
Artai ➡️ Artai
Daniela ➡️ Danielle
Ángel ➡️ Angel
Paulo ➡️ Paul
Candela ➡️ Candle
Ada ➡️ Ada
Ángeles ➡️ Angy
Julián ➡️ Julian
Lucas ➡️ Luke
Sabrina ➡️ Sabrine
Manuel ➡️ Emmanuel
Nicole ➡️ Nicole


Agora imos dar unha volta no bus de dous pisos, que os parece? Parece que vai bastante cheo... a ver se sabedes dicirme, na libreta de mates, se podemos subir todos.

No bus van 7 persoas no piso de arriba e 6 no piso de abaixo. Nós somos 15 (14 peques e eu). Se poden ir como máximo 30 persoas no bus, poderemos subir nós?”


E por último, propoñovos que fagades, se queredes, a receita de “fish and chips” na vosa casa. Aquí vola deixo. Podedes copaiala na libreta de linguas se queredes. E se a facedes, por suposto quero ver fotos!



Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 14 de abril de 2020

Martes, 14 de abril

Bos días! Comeza o último trimestre do curso, e con el a nosa viaxe arredor do mundo, como fixo Willy Fog. Apetécevos? Pois vamos!

Primeiro de nada, un pequeno vídeo que vos fixen para explicar as partes nas que se divide a Terra. A ver se vos gusta!



Agora, para que vexades que ben o entendestes, imos poñer neste mapa o nome dos océanos e dos continentes. Coma sempre, non fai falla que o imprimades, podedes debuxalo na libreta de ciencias. E por suposto, podedes despois coloealo como prefirades.




E para viaxar precisamos un pasaporte. O pasaporte é o documento que usamos para identificarnos noutros países. Sen el, non poderíamos ir a algúns países do mundo, así que é súper importante. Podedes imprimir este, ou facervos un vós mesmos nun folio.


Primeiro temos que escribir nel os nosos datos: nome, apelidos, data de nacemento, firma e foto ou debuxo, como fixo Carlos:


Despois teredes que dobralo ao longo, pegalo, e volvelo dobrar ata facer o “libriño” que será o noso pasaporte. Déixovos as fotos do de Carlos para que vexades como facelo.



Lembrade gardalo nun sitio no que non o perdades, pois imos precisalo ao longo da nosa viaxe. Podedes, por exemplo, pegar un sobre na libreta de ciencias e metelo dentro, como podedes ver.


E xa temos todo listo para comezar a nosa viaxe a partires de mañán!

INGLÉS: Hoxe déixovos práctica libre. Podedes escoller calquera dos vídeos ou xogos que hai no blogue (pinchade na etiqueta de inglés para que vos saian) e repasalo.


Un día menos para vernos, pequesa, 😘

xoves, 2 de abril de 2020

Xoves, 2 de abril (2°)

Good morning, kids!

Vai un xogo para que repasedes as partes do corpo e as emocións. Espero que vos guste! ⬇️