Amosando publicacións coa etiqueta Valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valores. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2020

Emocionómetro

Aquí vos deixo o emocionómetro por se queredes usalo.

O libro chámase “El emocionómetro del inspector Drilo”.

Tamén podedes construir o voso propio emocionómetro na web www.nubeocho.com e máis recursos en www.emocionometro.blogspot.com


martes, 26 de maio de 2020

Martes, 26 de maio

Bo día, peques!

Hoxe imos coller o metro de Tokyo para ir a diversos lugares, pero primeiro temos que aprender a ler un mapa, porque mirade que lío de liñas de cores!


Por agora esquecede o mapa do metro, que imos aprender con algo moito máis sinxelo. Que vos parece facer un mapa da vosa casa? Tedes que debuxar os espazos coma se os virades dende arriba, coma dende un avión. Logo poñede o nome de casa habitación, para que vos quede máis ou menos algo coma isto:


Este tipo de mapas feitos coma se miraramos dende arriba chámase planos. Pois a ver que chulos vos quedan os planos das vosas casas!


Recordades as carpas do vídeo? Pois estes son os peixes koi, moi famosos en Xapón.


Apetécevos facer unha manualidade para ter os propios peixes koi e ampliar a nosa colección de cousas da volta ao mundo. Aquí a tedes. E se queredes podédeslle engadir un pauciño e un fío e que fagan de cana de pescar. Como vos guste a vós!



E por último imos aprender sobre a ceremonia do té. É unha tradición moi antiga de Xapón, e que se fai con moito silencio e moita paz arredor, e pódese meditar ou simplemente pechar os ollos e escoitar o silencio. Se queredes podedes probar na vosa casa.



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 18 de maio de 2020

Luns, 18 de maio

Bo día, peques!

Comezamos a nosa visita a China! Neste país hai moitas cousas que ver!

Primeiro un vídeo sobre o que imos ver neste marabilloso país.


Empezamos coñecendo e coloreando na libreta de ciencias a bandeira, que como vedes é moi sinxela.


Agora poremos o noso nome en chino. 


E como novidade, ides buscar tamén o voso horóscopo chino. Lembrade que tedes que buscar o ano no que nacestes, vale?



Por útimo unha curta que seguro que vos gusta. Trata da envexa e dos celos, que ben seguro que algunha vez os sentistes coma todo o mundo. Si, a vosa profe tamén! E está moi ben sempre que se saiban levar esas emocións por un camiño positivo e non polo negativo, como lle pasa a esta nena...




Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 15 de maio de 2020

Venres, 15 de maio

Bos días! Imos aproveitar o noso último día na India.

Sabedes quen é Gandhi? Foi un home que fixo moito pola paz no mundo, e de feito gañou o Nobel da Paz. Imos ver un vídeo sobre el.


Agora na libreta de linguas, quero que escribades as vosas ideas para conseguir a paz. Que se vos ocorre a vós? Que credes que podedes facer xa desde peques? Tedes feito algo nalgún momento para acadar a paz entre dúas persoas que estaban a pelexar? Desexando ver as vosas ideas!


Non nos podemos esquecer de escribir a nosa postal. Recórdovos como se fai: por diante un debuxo sobre a India, e detrás a mensaxe e o destinatario.



Agora imos aprender a bailar! Os que queirades podedes disfrazarvos de hindúes xa de paso.







Agora faremos a nosa visita virtual polo Taj Mahal e xa vos deixo o selo para o voso pasaporte.





Para o finde déixovos unha app por se vos apetece xogar nela. Chámase “Explora el mundo”.


Aquí tedes un vídeo sobre como funciona. E por suposto, non é obrigatorio!


Un día menos para vernos, peques! 😘 Bo finde!

luns, 4 de maio de 2020

Luns, 4 de maio

Bos días, peques! Chegamos a un novo destino: Rusia! Tedes a maleta lista? Pois vamos alá!

Comezamos, coma sempre, cun vídeo para que saibades o que imos ver en Rusia.




Agora que xa vimos o vídeo, imos empezar coma sempre: recoñecendo e pintando a bandeira de Rusia, e poñendo o noso nome en ruso. As letras rusas tamén son distintas ás nosas, así que tedes que convertir os vosos nomes fixándovos ben.




Da volta ao mundo nada máis. Agora, como cada luns, póñovos unha curta para que vexades e desfrutedes.


luns, 27 de abril de 2020

Luns, 27 de abril

Bos días, peques! Comezamos unha nova semana chegando ao noso seguinte destino: Exipto!


Comezamos, coma nos anteriores países, cun vídeo sobre Exipto.




Na libreta de ciencias, imos debuxar a bandeira deste país.



E agora imos poñer o noso nome en exipcio. Pero aquí xa cambiamos algo con respecto ao Reino Unido e Italia: os exipcios non tiñan letras coma as nosas, senon que usaban debuxos para representar as letras, así que aquí vos deixo un abecedario de xeroglíficos (que é como se chamaban estas letras) e vós tedes que buscar as letras do voso nome e debuxalas coma na imaxe para traducir ao exipcio.



E por último para hoxe, unha curta sobre o valor do esforzo. Espero que vos guste!



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 20 de abril de 2020

Luns, 20 de abril

Bos días, peques!

Para comezar a semana, algo lixeiriño. Como xa marchamos do Reino Unido, temos unha tarefiña pendente. Que solemos facer sempre cando viaxamos? Pois mandar unha postal dende o lugar onde estamos a algún amigo ou familiar. Iso é o que podemos facer hoxe.

As postais son coma tarxetas que por diante teñen unha imaxe do lugar onde nos atopamos, e polo outro o oco para escribir o que queremos dicir, e o nome e a dirección da persoa á que lle escribimos.

Exemplo de postal por diante

Postal por detrás 
Pois isto é o que quero que fagades hoxe. Que debuxedes a vosa propia postal escollendo algo que vos gustara moito de Londres, e que escribades a postal por detrás. Non fai falla que o fagades dun folio enteiro, podedes partir un folio á metade ou en cuatro partes e chega ben de tamaño.


Como isto vos vai levar bastante tempo, para hoxe so vos poño a maiores ver unha curta sobre o optimismo. Gustaríame que pensarades niso do optimismo (ver o lado bo das cousas, aínda que non nos parezan boas). Espero que vos guste!



Un día menos para vernos, peques!😘

venres, 10 de abril de 2020

Venres, 10 de abril

Bos días, peques! Como van eses vídeos? Lévanme chegado algúns que son xeniais!


Apetécevos un xogo? É moi sinxelo e moi divertido. Un da familia ten que poñer 5 pinzas de roupa nas costas. Os outros membros da familia ten que intentar quitarllas! A ver quen dura máis coas pinzas postas!


Outra cousa que podedes facer son masaxes. Podedes darllos vós a alguén, ou que alguén volos dé a vós. Non vos esquezades de poñer algunha música relaxante antes de empezar!


Para rematar, outra curta moi bonita e entretida. Espero que vos guste!



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 30 de marzo de 2020

Luns, 30 de marzo

Bo día, peques! Comezamos a semana? POIS VEÑA!


MATEMÁTICAS: Vai outro vídeo para que vaiades entendendo as sumas con levada. E con tarefa incluída esta vez! Calquer cousiña, dicídesme 😊




LENGUA CASTELLANA: Lectura das páxinas 136-137, e a comprensión lectora das 138-139. Como é moita tarefa solo para un día, mañán non porei tarefa de castellana para que teñades dous días para facela, vale?


VALORES: Imos traballar a empatía, algo moi importante para poder entender as emocións dos demais. Primeiro imos ver esta curta sobre a empatía, e despois vou coller prestado un xogo de Miguel para poñervos unha foto dunha persoa. Teredes que mirala con atención para adiviñar que emoción expresa, e despois quero que pensedes que lle puido pasar para sentirse así. Non hai que escribilo, so contarllo a alguén.




EDUCACIÓN FÍSICA: Que vos parece bailar unha das vosas cancións favoritas da clase cunha coreografía? So tedes que bailar imitando ao este bailarín. A ver qué marchosos sodes!


luns, 23 de marzo de 2020

Lunes, 23 de marzo

Bo día, meus peques! Comeza unha nova semana na que imos facer moitas cousiñas. COMEZAMOS!


MATEMÁTICAS: Imos aprender os símbolos maior e menor que, pero non vos preocupedes que é moi fácil. Con este xogo, aprenderédelo sen vos dar conta. Nel, hai un cocodrilo. Os cocodrilos son animais moi intelixentes, e se atopan dous peixes para comer, escollen sempre ao máis grande. Abren ben a boca, e cómeno enseguidiña. Así que iso tedes que facer: poñer a boca do cocodrilo aberta hacia o número máis grande. Podédelo imprimir ou xogar no ordenador facendo coa vosa man a boca aberta do cocodrilo se non tedes a opción de imprimir. Espero que vos guste!




LENGUA CASTELLANA: As páxinas 132 e 133 do libro. 
Lembrade que os NOMES son as palabras que dan nome as cousas, animais (mesa, Sol, gato, policía...) e os ADXECTIVOS son as palabran que as describen (grande, bonito, delgado...). O ditado é este:

“El conejo y el cuervo viven en el bosque, cerca del parque de la colina.”


VALORES: gustaríame que vexades a seguinte curta, que fala da familia, e se pode ser, que despois de vela a comentedes coas vosas familias. E se queredes, podedes enviar unha mensaxe co que vos pareceu ☺️




EDUCACIÓN FÍSICA: Algúns de vós seguro que xa o facedes, pero... apetécevos aprender a facer ioga, e de paso escoitar unha bonita historia? Pois aquí tedes a maneira ⬇️



Un día menos para vernos, peques! 😘