Amosando publicacións coa etiqueta EFísica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EFísica. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de maio de 2020

Xoves, 14 de maio

Bos días!

Hoxe chove, así que imos pasar un ratiño no hotel xogando mentres esperamos a que pare de chover. Aquí tedes un xogo para entretervos!

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/conceptos-anterior-siguiente-07


Parece que xa parou, así que xa podemos saír e seguir explorando a India. Imos ver os animais da India? Os máis coñecidos son o tigre de Bengala e a cobra india.

Imos investigalos entón como xa sabedes, e debuxalos. A ver que chulos vos quedan!



Recordades as mandalas que tanto vos gustaba colorear na clase? Pois tamén son da India, así que imos debuxar unha. Si, si: debuxala! Botádelle imaxinación e a ver que chula vos queda.


E por último imos facer un pouco de ioga, que por se non o sabes, o ioga vén da India.




Un día menos para vernos, peques! 😘

mércores, 1 de abril de 2020

Mércores, 1 de abril


Boas! Veña que xa se acerca a semana santa e descansamos...


MATEMÁTICAS: As páxinas 140 e 141 do libro.


SOCIAIS: A xogar a este xoguiño que vos fixen para que comprobedes canto aprendestes neste proxecto do universo. Espero que teñades todos os 100 puntos, campións!



EDUCACIÓN FÍSICA: Hoxe bailamos un pouco de zumba? Veña! E cunha canción que seguro que coñecedes ben...



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 30 de marzo de 2020

Luns, 30 de marzo

Bo día, peques! Comezamos a semana? POIS VEÑA!


MATEMÁTICAS: Vai outro vídeo para que vaiades entendendo as sumas con levada. E con tarefa incluída esta vez! Calquer cousiña, dicídesme 😊




LENGUA CASTELLANA: Lectura das páxinas 136-137, e a comprensión lectora das 138-139. Como é moita tarefa solo para un día, mañán non porei tarefa de castellana para que teñades dous días para facela, vale?


VALORES: Imos traballar a empatía, algo moi importante para poder entender as emocións dos demais. Primeiro imos ver esta curta sobre a empatía, e despois vou coller prestado un xogo de Miguel para poñervos unha foto dunha persoa. Teredes que mirala con atención para adiviñar que emoción expresa, e despois quero que pensedes que lle puido pasar para sentirse así. Non hai que escribilo, so contarllo a alguén.




EDUCACIÓN FÍSICA: Que vos parece bailar unha das vosas cancións favoritas da clase cunha coreografía? So tedes que bailar imitando ao este bailarín. A ver qué marchosos sodes!


luns, 23 de marzo de 2020

Lunes, 23 de marzo

Bo día, meus peques! Comeza unha nova semana na que imos facer moitas cousiñas. COMEZAMOS!


MATEMÁTICAS: Imos aprender os símbolos maior e menor que, pero non vos preocupedes que é moi fácil. Con este xogo, aprenderédelo sen vos dar conta. Nel, hai un cocodrilo. Os cocodrilos son animais moi intelixentes, e se atopan dous peixes para comer, escollen sempre ao máis grande. Abren ben a boca, e cómeno enseguidiña. Así que iso tedes que facer: poñer a boca do cocodrilo aberta hacia o número máis grande. Podédelo imprimir ou xogar no ordenador facendo coa vosa man a boca aberta do cocodrilo se non tedes a opción de imprimir. Espero que vos guste!




LENGUA CASTELLANA: As páxinas 132 e 133 do libro. 
Lembrade que os NOMES son as palabras que dan nome as cousas, animais (mesa, Sol, gato, policía...) e os ADXECTIVOS son as palabran que as describen (grande, bonito, delgado...). O ditado é este:

“El conejo y el cuervo viven en el bosque, cerca del parque de la colina.”


VALORES: gustaríame que vexades a seguinte curta, que fala da familia, e se pode ser, que despois de vela a comentedes coas vosas familias. E se queredes, podedes enviar unha mensaxe co que vos pareceu ☺️




EDUCACIÓN FÍSICA: Algúns de vós seguro que xa o facedes, pero... apetécevos aprender a facer ioga, e de paso escoitar unha bonita historia? Pois aquí tedes a maneira ⬇️



Un día menos para vernos, peques! 😘