Amosando publicacións coa etiqueta Naturais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Naturais. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2020

Mércores, 10 de xuño

Bos días, peques!

Hoxe imos visitar Times Square. No vídeo do principio faleivos dunha bola que había alí, e pedíavos que vos fixarades nela.

Esa bola úsase en fin dano para dar as “badaladas”, que alí non se chaman así, simplemente fan unha conta atrás dende o 10 ao 0 durante os dez últimos segundos do ano, o día 31 de decembro (CUMPLE DO NOSO COMPI PAULO!). Neses dez segundos, a bola cae despaciño, e cando chega abaixo significa que acabou o ano e comeza o seguinte. Queredes velo?


Vistes? A bola forma parte dun reloxo!

Pois imos practicar a hora, vale?

https://es.liveworksheets.com/fo100062rb


Lembrades a danza da chuvia dos nativos americanos? Pois imos aproveitala para repasar o ciclo da auga, vale?

https://es.liveworksheets.com/as605507js


E agora a bailar outra canción! Acordádevos de poñer o penacho indio para bailala, vale?


luns, 8 de xuño de 2020

Luns, 8 de xuño

Bos días!

Comezamos a semana e seguimos visitando os EEUU. Todo listo?

Agora imos repasar os sinónimos, que son as palabras que son diferentes pero que significan o mesmo. Virámolos na clase, pero como é probable que non vos acordedes, póñovos este vídeo para recordalo. Nel fala tamén dos antónimos, pero de momento non vos liedes con iso e fixádevos so nos sinónimos, vale?



Recordades a Toro Sentado? Pois imos ler un pouco sobre a súa vida. No texto darédesvos conta de que hai seis palabras que escribín en maiúsculas. Fixádevos ben nelas.



Ben. Agora quero que escribades na libreta de linguas as palabras do texto que están en maiúscula nunha columna, e ao lado de cada unha poñades o seu sinónimo, que está entre as palabras que vos puxen debaixo do texto.


Imos de paseo no cabalo? Antes de que nolo presten, os xefes indios pídennos que lles axudemos a resolver estes problemas.

https://es.liveworksheets.com/su190724id

E tamén nos piden que saibamos coidar ao seu cabalo mentras nolo prestan, e para iso temos que investigar sobre el.



E xa podemos ir pasear co noso cabalo polo cañón do Colorado, que é o máis longo e fondo do mundo. Premede no link e seguide o sendeiro!

https://goo.gl/maps/nJnDym54XikUqrMG6



Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 2 de xuño de 2020

Martes, 2 de xuño

Bos días! Seguimos coñecendo Australia.


Hoxe imos coñecer os animais que podemos atopar en Australia. Imos ver un vídeo onde aparecen todos. Fixádevos ben.


Agora na libreta de ciencias, imos debuxar ou imprimir os seguintes animais e poñer o nome de cada un debaixo, vale?



Agora imos facer un boomerang, usando a técnica do origami que aprendemos en Xapón. Aquí tedes un vídeo sobre como facelo. Ao rematalo, podedes decoralo con debuxos típicos de Australia coma na foto.



E por último para hoxe, a canción que vos prometín do grupo de rock australiano AC&DC. Espero que vos guste e que a bailedes moitísimo!



Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 26 de maio de 2020

Martes, 26 de maio

Bo día, peques!

Hoxe imos coller o metro de Tokyo para ir a diversos lugares, pero primeiro temos que aprender a ler un mapa, porque mirade que lío de liñas de cores!


Por agora esquecede o mapa do metro, que imos aprender con algo moito máis sinxelo. Que vos parece facer un mapa da vosa casa? Tedes que debuxar os espazos coma se os virades dende arriba, coma dende un avión. Logo poñede o nome de casa habitación, para que vos quede máis ou menos algo coma isto:


Este tipo de mapas feitos coma se miraramos dende arriba chámase planos. Pois a ver que chulos vos quedan os planos das vosas casas!


Recordades as carpas do vídeo? Pois estes son os peixes koi, moi famosos en Xapón.


Apetécevos facer unha manualidade para ter os propios peixes koi e ampliar a nosa colección de cousas da volta ao mundo. Aquí a tedes. E se queredes podédeslle engadir un pauciño e un fío e que fagan de cana de pescar. Como vos guste a vós!



E por último imos aprender sobre a ceremonia do té. É unha tradición moi antiga de Xapón, e que se fai con moito silencio e moita paz arredor, e pódese meditar ou simplemente pechar os ollos e escoitar o silencio. Se queredes podedes probar na vosa casa.



Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 22 de maio de 2020

Venres, 22 de maio


Aproveitamos o noso último día en China? Pois veña!

Lembrades que vos falara do panda? Pois imos clasificalo como xa sabedes, e despois facer unha manualidade con papel de periódico.




Despois xa so nos queda escribir a nosa postal desde China. Pero dun xeito distinto esta vez. Quero que fagades un debuxo do que máis vos gustou de China, lle fagades unha foto e ma enviedes ao meu correo, escribindo no correo a vosa mensaxe da postal. O que vós queirades, vale? Prometo contestarvos a todos/as 😉


E por último imos dar un paseo pola Gran Muralla China, pero primeiro un videoconto sobre este monumento. Debaixo tedes o enlace para darvos o paseo pola muralla!



E aquí tedes o voso selo de China para o voso pasaporte!



Gran traballo, peques! Un día menos para vernos! 😘


xoves, 14 de maio de 2020

Xoves, 14 de maio

Bos días!

Hoxe chove, así que imos pasar un ratiño no hotel xogando mentres esperamos a que pare de chover. Aquí tedes un xogo para entretervos!

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/conceptos-anterior-siguiente-07


Parece que xa parou, así que xa podemos saír e seguir explorando a India. Imos ver os animais da India? Os máis coñecidos son o tigre de Bengala e a cobra india.

Imos investigalos entón como xa sabedes, e debuxalos. A ver que chulos vos quedan!



Recordades as mandalas que tanto vos gustaba colorear na clase? Pois tamén son da India, así que imos debuxar unha. Si, si: debuxala! Botádelle imaxinación e a ver que chula vos queda.


E por último imos facer un pouco de ioga, que por se non o sabes, o ioga vén da India.




Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 12 de maio de 2020

Martes, 12 de maio

Bos días! Seguimos na India. Hoxe de animais vai a cousa. Listos?

Primeiro imos alimentar ao noso elefante antes de saír en paseo para que vaia cheo de forzas.

(Libreta de mates) Primeiro dámoslle 6 kilos de cacahuetes, e logo 7 kilos de herba. Cantos kilos de comida comeu en total?



Chegamos ao noso destino, e o primeiro que atopamos alí é un encantador de serpes! Imos ler sobre el e responder a unhas preguntiñas na libreta de linguas despois, vale?




E por último hoxe, sabiades que na India as vacas se consideran animais sagrados? Trátanas coma se fosen deusas, e é ilegal facerlles calquer tipo de dano. Imos colorear esta vaquiña, pero dun xeito especial. (Os que non poidades imprimila, podedes coloreala no móbil ou na tablet con calquer editor de fotos que teñades). Despois de coloreala, imos enfocar o código que ten abaixo e a ver que pasa...

Nota: algúns móbiles len os códigos QR coa propia cámara do dispositivo. Para os que non teñan esa opción, podedes descargar calquer app de lector de codigos QR, como por exemplo “QR Code RW”.




Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 5 de maio de 2020

Martes, 5 de maio


Bos días, peques! Seguimos coñecendo Rusia.

Recordades a praza verbella de Moscú e os seus edificios tan orixinais? Pois imos facer na libreta de linguas unha descrición deles. Non esquezades ningún detalle, vale? 



Agora imos aprender sobre os Huskies que nos van levar mañán de paseo no trineo. Xa sabedes o que tedes que facer!




Que aínda non aprendemos o baile típico de Rusia! Aquí volo deixo para que o practiquedes.



E por último aquí vos deixo un enlace para que paseedes pola plaza vermella de Moscú. Espero que o desfrutedes.



Un día menos para vernos, peques! 😘

xoves, 30 de abril de 2020

Xoves, 30 de abril

Bos días, peques! Seguimos a nosa viaxe por Exipto. Vamos!


Lembrades que no vídeo sobre Exipto falaban dunha faraona chamada Cleopatra? Foi unha das máis importantes, entón imos facer un pequeno ditado sobre ela na libreta de linguas, e debuxádea os que queirades, vale?

“Cleopatra fue una faraona del antiguo Egipto. También fue diplomática, comandante naval y escritora de tratados médicos.”


En Exipto adoraban coma se fosen deuses a algúns animais, coma os gatos ou os escaravellos. Imos investigar un pouco sobre eles entón. Facemos coma o outro día coa investigación do camelo, vale? Na libreta de ciencias debuxamos o animal, (gato e escaravello) poñemos o seu nome, e as súas características.



Os exipcios dábanlle moita importancia tamén ás xoias, sobretodo ás de ouro. Queredes facer un brazalete exipcio? Pois veña! Así podemos ampliar a nosa colección de recordos da volta ao mundo. Todo canto precisades é... EXACTO, un tubo de papel 😂 So tedes que pintalo e decoralo co que queirades, logo cortádelo ao longo e listo! Xa tedes o voso brazalete.



E xa so nos queda aprender a bailar coma os exipcios! Aquí tendes dúas cancións, espero que as bailedes moito!




E nada máis! Xa o sabedes todo sobre Exipto, así que aí vos vai o voso selo novo para o pasaporte!


Déixovos aquí o enlace para que vos deades un paseo a pe polas pirámides na fin de semana. A desfrutar!

https://www.google.com/maps/@29.9737482,31.1281144,2a,75y,181.91h,100.98t/data=!3m6!1e1!3m4!1sGz90Xhgv4HCBGzu_8pz0Gw!2e0!7i13312!8i6656


Vémonos o luns! Unha semana menos para vernos, peques! 😘😘😘

martes, 28 de abril de 2020

Martes, 28 de abril


Bos días, peques! Seguimos en Exipto. A ver que podemos ver hoxe... Apetécevos que vaiamos ver as pirámides? Pois veña!

Como estamos en Exipto, pois imos ir ata as pirámides no transporte típico dalí: o camelo. Para poder coidar ben del durante a viaxe, teremos que aprender cousiñas sobre el. Imos debuxalo e completar os datos sobre el investigando a seguinte información (tedes que rodear a opción correcta en cada liña):


Como sempre vos digo, non fai falla imprimir a imaxe, podedes na libreta de ciencias poñer o nome do animal, debuxalo, e escribir as súas características.


Moi ben. Xa podemos arrancar cara as pirámides entón. Como os camelos teñen que facer paradas para comer e beber, non podemos ir do tirón, así que temos que facer dúas paradas no camiño. Na libreta de mates, podedes calcular isto?

“No primeiro percorrido facemos 21 kilómetros. No segundo facemos 23 kilómetros. E no terceiro facemos 22 kilómetros. Cantos kilómetros percorremos en total?”


E chegamos ao noso destino: as pirámides. A máis grande de todas, é a pirámide de Keops ou pirámide de Giza. Imos ler sobre ela, e responder unhas preguntas na libreta de linguas.

 


Nada máis por hoxe. Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 31 de marzo de 2020

Martes, 31 de marzo


Boas! Comeza o martes, o voso día favorito!


MATEMÁTICAS: Facemos un sudoku?



NATURAIS: As páxinas 66 e 67 do libro.


PLÁSTICA: Hoxe imos pintar uns ovos de pascua. Primeiro quero que vexades este vídeo sobre como vaciar un ovo sen rompelo. E despois a decorar como queirades e co que queirades! Non vos dou máis instrucións porque quero que saquedes ao artista que levades dentro. E por suposto, quero fotiñas!




INGLÉS: fixen este xogo para que axudedes ao monstro das cores a entender como se sinte. Non tedes que descargar nada, so premede na bandeira verde e xa empezades a xogar!




Un día menos para vernos, peques!

xoves, 26 de marzo de 2020

Xoves, 26 de marzo

Bos días, peques!


MATEMÁTICAS: Esta vez deixamos os libros e as libretas para facer un pouco de matemáticas manipulativas. Queredes aprender a sumar levando? Neste vídeo cóntovos como facelo. Quedou un pouco longo, pero espero que o vexades enteiro e despois practiquedes na casa, vale?



LENGUA CASTELLANA: A páxina 134 do libro.


INGLÉS: Outro xogo máis! Seguro que vos gusta... esta vez, repaso das cores en inglés. Premede e a desfrutalo! ⬇️



CIENCIAS NATURAIS: Como van esas legumes? Se xa van brotando, podedes aproveitar a libreta de ciencias, poñer a data de hoxe e debuxar como está a legume. Espero algunha fotiña!


Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 24 de marzo de 2020

Martes, 24 de marzo

Bos días, peques! Como van esas tarefas? Espero que ben. Aquí van as de hoxe!

MATEMÁTICAS: Como onte aprendemos co cocodrilo o maior e o menor que, xa estades preparadísimos para facer as páxinas 136 e 137 do libro. Fixádevos ben, vale?


LENGUA CASTELLANA: Seguimos coas descricións! Hoxe toca ler unhas poucas e debuxar as caras. Se non podedes imprimir, debuxádeas na libreta de linguas.



NATURAIS: Que vos parece se plantamos unha legume? Pois veña! Precisamos un vasiño de iogur, ou dos de cristal, ou se tedes unha pequena maceta na casa tamén nos vale. No fondo do vaso tendes que poñer un pouco de algodón do de curar as feridiñas, e empapalo en auga. So empapado, non vos pasedes coa auga se non afogaredes a vosa legume. Por último so tedes que escoller a legume (faba, lentella, garavanzo...) e poñela porriba do algodón. E listo! Observádea ben porque xa mañán pode ser que vexades cambios nela!


PLÁSTICA: Chegou a primavera, peques! E seguindo con isto de aproveitar os rollos de papel hixiénico que tedes por casa, imos facer esta fermosa flor. Podedes pintala con témperas ou rotus. Estou desexando ver como vos quedaron!



INGLÉS: Sei que o estades desexando, así que aquí vos vai o xogo do monstro das cores que tanto vos gusta que vos poña na clase. É da mesma app do outro día, tinytap, así que espero que non teñades problemas! Volume a tope e a bailar na última diapositiva!


Un día menos para vernos, peques!😘