Amosando publicacións coa etiqueta Ocio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ocio. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2020

Martes, 9 de xuño

Bos días!

Hoxe imos facer unha actividades moi bonita que creo que vos vai gustar. Recordades os atrapasoños?


Como vos dixen, os nativos americanos usaban estes obxectos para espantar aos malos espíritus, e púñanos nas portas dos seus tipis. Pois é o que imos facer nós hoxe!

Primeiro temos que montar o noso tipi.

Podedes facelo dentro da vosa casa usando un par de sillas e unhas mantas, deste xeito...


... ou se tedes xardín ou patio e o preferides, precisades unha corda e unhas mantas.


Agora que temos o noso tipi, imos facer o noso atrapasoños. Podedes usar un plato de papel, ou se nontedes simplemente cartolina ou folio para facer o aro, e del podedes colgar o que queirades... déixovos un par de ideas para facelo.



Ao rematalo teredes que colgalo da porta do voso tipi, e xa so nos queda coller a libreta de linguas, un lapis, meternos dentro do tipi con ela e escribir na libreta eses medos ou pesadelos que queredes que se leve o voso atrapasoños.


Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 29 de maio de 2020

Venres, 29 de maio

Bos días, peques!

Imos aproveitar o noso último día en Xapón. Primeiro imos comer sushi, que vos parece?

Pero non o de verdade. Xa sabedes que á profe lle gustan moito as manualidades, así que imos facer sushi con plastilina.

Precisamos plasti negra. Amasámola e logo aplanámola deste xeito.


Engadimos os “ingredientes” que queiramos poñerlle: salmón (plasti rosa), millo (plasti amarela), pemento (plasti verde)... o que se vos ocorra.


Cando os teñamos todos, enrolamos a plastilina negra así:


E agora so temos que cortar para facer os anacos de sushi. OLLO: se tedes un coitelo de plastilina, podedes usalo, pero se ides usar un de verdade, pedídelle axuda a alguén da vosa casa para evitar cortarvos.


Logo se queredes podedes pegar as pezas na libreta de ciencias para que vos queden aí. E se non podedes xogar con elas, desmontalas e volver facer outro sushi distinto... déixoo á vosa elección.


A continuación un sudoku, que xa fixestes moitos, pero sabedes que son de Xapón? Pois aproveitamos e facemos estes dous. O primeiro podedes facelo con legos, se tendes.




Agora a escribir a postal dende Xapón, pero doutro xeito. A semana pasada recordades que me mandastes a postal a min por mail? Pois hoxe tamén a ides facer por mail, pero a un compi da case que escollades. Podedes preguntarlle a ese/esa compi a súa dirección e xa podedes enviarllo. E por suposto, se recibides vós un mail, contestádeo, si?


E xa so nos queda a visita por Tokyo, unha cidade impresionante que seguro que vos gusta. Tokyo é a capital de Xapón, e é unha cidade chea de tecnoloxía. Espero que vos guste!

https://goo.gl/maps/RKX38KcyxzG2qoq47


Xa vos gañastes o voso selo para o pasaporte! Moi ben explorado, peques!


Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 19 de maio de 2020

Martes, 19 de maio

Bo día!

Imos ir de paseo ata a cidade prohibida de Pekín. Imos ir nun dos transportes típicos de China: o triciclo.


(Na libreta de mates, vale?) Primeiro percorremos 12 kilómetros, despois 14 e por ultimo 15. Cantos kilómetros percorremos en total?


E chegamos á cidade prohibida de Pekín. Mirade que chula é!


Pero temos un problemiña... non imos poder entrar a menos que descifremos o contrasinal para que nos baixen a ponte levadiza! 😱 É un código de 5 caracteres, e as pistas son estas:

1. A quinta letra do abecedario.
2. O número que falta nesta secuencia: 5<_<7
3. O resultado de 9-6=
4. A última letra do abecedario.
5. O resultado de 2+2+2+2=

Cando o teñades, premede na bandeira verde e introducídeo aquí a ver se está correcto.




Perfecto! Fostes quen de desbloquear a ponte levadiza e xa podedes entrar a ver esta cidade única no mundo.



E por último imos facer arroz 3 delicias, pero na libreta de ciencias. Temos que debuxar unha cunca máis ou menos coma esta:

Onde vai o arroz, ides botar unha cantidade xenerosa de cola e porriba ides pegarlle arroz para facer a nosa cunca de arroz. Se tedes por casa uns palillos chinos, podedes pegalos tamén ou se non debuxalos simplemente. De título poñede “arroz tres delicias”, e aquí vos deixo a receita por se a queredes facer un día destes.



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 18 de maio de 2020

Luns, 18 de maio

Bo día, peques!

Comezamos a nosa visita a China! Neste país hai moitas cousas que ver!

Primeiro un vídeo sobre o que imos ver neste marabilloso país.


Empezamos coñecendo e coloreando na libreta de ciencias a bandeira, que como vedes é moi sinxela.


Agora poremos o noso nome en chino. 


E como novidade, ides buscar tamén o voso horóscopo chino. Lembrade que tedes que buscar o ano no que nacestes, vale?



Por útimo unha curta que seguro que vos gusta. Trata da envexa e dos celos, que ben seguro que algunha vez os sentistes coma todo o mundo. Si, a vosa profe tamén! E está moi ben sempre que se saiban levar esas emocións por un camiño positivo e non polo negativo, como lle pasa a esta nena...




Un día menos para vernos, peques! 😘

domingo, 17 de maio de 2020

Día das letras galegas

Bos días, peques!

Hoxe é o día das letras galegas, e a pesares de ser domingo, facemos unha entrada para festexar este día tan especial para a nosa terra e a nosa lingua.

Aquí tedes o voso videoclip “Negra Sombra”. Quérovos dar as grazas de corazón a todos e todas porque sodes uns artistazos e estou súper orgullosa de vós. Desfrutádeo, peques!



Como sabedes, o día das letras, adicadas a Ricardo Carvalho Calero, está adiado ata que se poida celebrar no cole, pero iso non quita que poidamos ler un conto sobre el. É un conto contado polos vosos amigos os Bolechas, así que seguro que vos gusta! Debaixo do conto déixovos un xogo con preguntas sobre Carvalho Calero por se queredes xogar. É dun compañeiro meu, pero di que volo presta encantado!


Click aquí

Pincha na bandeira verde para empezar a xogar.

venres, 15 de maio de 2020

Venres, 15 de maio

Bos días! Imos aproveitar o noso último día na India.

Sabedes quen é Gandhi? Foi un home que fixo moito pola paz no mundo, e de feito gañou o Nobel da Paz. Imos ver un vídeo sobre el.


Agora na libreta de linguas, quero que escribades as vosas ideas para conseguir a paz. Que se vos ocorre a vós? Que credes que podedes facer xa desde peques? Tedes feito algo nalgún momento para acadar a paz entre dúas persoas que estaban a pelexar? Desexando ver as vosas ideas!


Non nos podemos esquecer de escribir a nosa postal. Recórdovos como se fai: por diante un debuxo sobre a India, e detrás a mensaxe e o destinatario.



Agora imos aprender a bailar! Os que queirades podedes disfrazarvos de hindúes xa de paso.







Agora faremos a nosa visita virtual polo Taj Mahal e xa vos deixo o selo para o voso pasaporte.





Para o finde déixovos unha app por se vos apetece xogar nela. Chámase “Explora el mundo”.


Aquí tedes un vídeo sobre como funciona. E por suposto, non é obrigatorio!


Un día menos para vernos, peques! 😘 Bo finde!

mércores, 6 de maio de 2020

Mércores, 6 de maio


Bos días, peques! Vamos de paseo no trineo, veña!


Para que os nosos huskies non se cansen, temos que facer unha paradiña con eles. No primeiro tramo recorremos 28 kilómetros e no segundo 24. Cantos percorremos en total? (Na libreta de mates, ok?)


Como imos pola neve e o xeo, imos aproveitar para facer un experimento con xeo. Déixovos este video no que podedes ver como facelo e como é o resultado. Xa mandaredes fotiñas.



E por último unha receita dun prato típico de Rusia, que seguro que xa coñecedes, e como xa empeza a facer calor seguro que vos apetece: a ensaladilla rusa. Hai moitos tipos desta ensaladilla en Rusia, pero eu decidín poñervos a que coñecemos máis aquí. De tódolos xeitos, se queredes podedes investigar por internet sobre outras receitas de ensaladillas rusas e escoller a que máis vos saiba!



Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 5 de maio de 2020

Martes, 5 de maio


Bos días, peques! Seguimos coñecendo Rusia.

Recordades a praza verbella de Moscú e os seus edificios tan orixinais? Pois imos facer na libreta de linguas unha descrición deles. Non esquezades ningún detalle, vale? 



Agora imos aprender sobre os Huskies que nos van levar mañán de paseo no trineo. Xa sabedes o que tedes que facer!




Que aínda non aprendemos o baile típico de Rusia! Aquí volo deixo para que o practiquedes.



E por último aquí vos deixo un enlace para que paseedes pola plaza vermella de Moscú. Espero que o desfrutedes.



Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 1 de maio de 2020

Momia feita por Quique

Bo día! Hoxe non hai tarefas que é festivo., pero traiovos unha manualidade que fixo o noso compi Quique e que el quere compartir con todos vós por se vos apetece facela xa que estamos en Exipto.

Trátase dunha momia e, como podedes ver, é moi sinxela de facer. So precisades un tubo de papel, pegarlle papel hixiénico porriba, e os olliños, que llos podedes debuxar.

Se o facedes mandádelle a Quique unha foto para que vexa o resultado! E por suposto, tamén ma podedes mandar a min.


mércores, 29 de abril de 2020

Mércores, 29 de abril

Bos días, peques! Seguimos nas pirámides.


Fixástesvos que hai varias pirámides e de distintos tamaños? Pois imos xogar a ordenalas de menor a maior, usando o nome de cada pirámide, e os símbolos maior e menor que: < > . Os símbolos dos cocodrilos, recordades?

Glc < Glb < ........ < ....... < ....... < .......


E xa nos depedimos das pirámides con dúas cousiñas. A primeira é que constrúades a vosa propia pirámide de Exipto. Coma sempre, non tedes por que imprimir isto, podedes facer o debuxo con axuda dalguén da vosa casa, e logo decorala, recortala e pegala. E ao rematar, podedes poñela onda a cabina de Londres e a torre de Pisa. Xa vai collendo forma o noso recuncho de recordos da volta ao mundo, eh?

Esta para os que prefirades debuxala

Esta para os que prefirades imprimila

A segunda cousa é esta película de playmobil chamada “La maldición del faraón “. Xa sabedes que nas pirámides era onde os exipcios enterraban aos faraóns (os reis). Espero que vos guste!



Un día menos para vernos, peques!😘

xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro

Bos días neste día tan especial! Que por que é especial? PORQUE É O DÍA DO LIBRO! E mirade o que fixen coas fotos dos vosos libros favoritos que me mandastes.

Se premedes na portada dos contos, apareceravos o nome do compi que escolleu ese libro, e un botón para reproducir coma este 🎙 e se o premedes, escoitaredes un resumo do conto lido por min. Se algún deles vos gusta, poderedes pedirllo a ese compi cando acabe a cuarentena para que volo presten, ou pedirlle a ese compi que volo conte (resumido) a través dunha videochamada ou audios.


martes, 21 de abril de 2020

Martes, 21 de abril

Bos días, peques! Veña que arrancamos para Italia!

Como xa fixemos a semana pasada, primeiro un vídeo explicándovos algunhas cousiñas.



E como xa fixemos tamén, imos pintar na libreta de ciencias a bandeira de Italia para recoñecela.


Imos poñer agora o noso nome en italiano tamén!

Xián ➡️ Giuliano
Quique ➡️ Harry
Artai ➡️ Artai
Daniela ➡️ Daniella
Ángel ➡️ Angelo
Paulo ➡️ Paolo
Candela ➡️ Candela
Ada ➡️ Ada
Ángeles ➡️ Angellica
Julián ➡️ Giuliano
Lucas ➡️ Luca
Sabrina ➡️ Sabrina
Manuel ➡️ Emanuele
Nicole ➡️ Nicole


Por último, podedes probar a disfrazarvos de romanos. Como vedes é moi sinxelo: so tedes que poñer porriba da vosa roupa unha sábana ou toalla branca!



INGLÉS: imos repasar unha vez máis a canción das partes do corpo para a semana que vén empezar a facer un traballo sobre iso, vale?



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 13 de abril de 2020

Luns, 13 de abril

Bos días! Como mañán retomamos as clases, hoxe vou ser boa e so poñervos uns xogos para que collades forzas.


Que tal se facemos un debuxo abstracto? Isto quere dicir que debuxamos e pintamos sen pensar moito no que estamos facendo, e cando rematamos o debuxo vemos a que pode parecerse. Carlos fixo este, con acuarelas. Vós facédeo co que máis vos apeteza.



Ao final vistes a serie que vos recomendei “La vuelta al mundo en 80 días “? Como a levades? Porque a partir de mañán imos sair de viaxe nós tamén...


Carlos ten un xogo que seguro que vos agrada.


Como vedes, son 8 animais divididos en cabeza, corpo e cola. Pois do que se trata é de inventar animais novos, e inventar un nome para eles.


Por exemplo, aí tedes un hierilapótamo, e una cebufaleón. Que vos parece? Sodes capaces de inventar animais novos? A ver esa imaxinación!

Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 10 de abril de 2020

Venres, 10 de abril

Bos días, peques! Como van eses vídeos? Lévanme chegado algúns que son xeniais!


Apetécevos un xogo? É moi sinxelo e moi divertido. Un da familia ten que poñer 5 pinzas de roupa nas costas. Os outros membros da familia ten que intentar quitarllas! A ver quen dura máis coas pinzas postas!


Outra cousa que podedes facer son masaxes. Podedes darllos vós a alguén, ou que alguén volos dé a vós. Non vos esquezades de poñer algunha música relaxante antes de empezar!


Para rematar, outra curta moi bonita e entretida. Espero que vos guste!



Un día menos para vernos, peques! 😘

xoves, 9 de abril de 2020

Xoves, 9 de abril

Bos días, peques!

Para hoxe, aproveitando que é xoves de pascua, podemos facer a busca dos ovos de pascua. Recordades que o outro día decorastes uns ovos? Pois ou ben podedes escondelos vós para que os atope alguén da vosa casa, ou ben podedes pedirlle a alguén que os esconda, e vós teredes que atopalos. Que vos parece?


E dado que temos tanto tempo libre agora mesmo, tamén é un bo momento para investigar a nosa árbore xenealóxica. Preguntade aos vosos familiares quenes eran os vosos bisavós, tataravós, tíos-avós, primos segundos ou terceiros... ata onde poidades chegar! Déixovos un exemplo que atopei en Google a ver se vos serve de idea! E por suposto, podedes decoralo ao voso gusto.


Por último, aquí tedes unha receita que fixemos onte Carlos e eu. Aviso: ESTÁ BOÍSIMO!!!



Un día menos para vernos, peques! 😘

mércores, 8 de abril de 2020

Mércores, 8 de abril

Bos días! Que ben o imos pasar hoxe... atentos!


Para hoxe podemos facer unha sesión de peluquería. Como? Pois a idea é que fagades en vos mesmos ou nos vosos familiares peinados, pero coa condición de que sexan peinados locos! Botádelle imaxinación, eh?


Tamén podemos facer un debuxo, pero non coas mans, senón cos pes! Poñedes un papel, agarrades unha pintura cos dediños dos pes e a debuxar! Veredes que é máis fácil do que parece!


E por último, unha canción para bailar! Espero que vos guste ☺️


martes, 7 de abril de 2020

Martes, 7 de abril

Boas, peques! Seguimos de vacacións, pero non por iso vou deixar de retarvos, non?

Hoxe toca darlle ao coco de catro formas: un trabalinguas, unha adiviña, un refrán e un chiste. Vamos!


TRABALINGUAS: A ver quen é capaz de dicilo todo seguido e súper rápido!



ADIVIÑA: Seguro que vos é moi fácil adiviñar de que animal se trata...



REFRÁN: So tedes que pensar a que se refire este refrán que di...

Quien canta, sus males espanta”.

CHISTE: E por último o chiste. Espero escoitarvos rir dende a miña casa!



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 6 de abril de 2020

Luns, 6 de abril

Bos días, peques!

Estamos de vacacións, así que non hai “deberes”, pero póñovos unhas cousiñas por se as queredes facer simplemente por pasar o rato.


A primeira é unha manualidade que seguro que vos gusta. E xa sabedes, podedes mandarme a foto dos vosos unicornios!



A segunda é un reto. Este é un dos puzles de Carlos. Podedes copiar as pezas nun papel, e intentar facer con elas un cadrado. Seguro que sodes capaces!



E por último unha recomendación. Seguro que xa estades cansados de Bob Esponja e de Kid Danger, así que aquí tedes unha suxerencia para eses ratos de tele. Era unha das miñas series favoritas de pequena, así que xa me diredes que vos parece. Tédela completa en YouTube, eu so vos poño o primeiro capítulo.


Un bico, meus peques! 😘

sábado, 21 de marzo de 2020

Receita de galletas

Carlos quere compartir con vós esta receita das súas galletas favoritas, por se vos animades a facelas. Esperamos que vos saiban! E xa sabedes: se as facedes, podedes mandar fotos 😋😘



venres, 20 de marzo de 2020

Venres, 20 de marzo

Bos días, peques!

Hoxe tampouco hai tarefas escolares, pero aquí vos van as ideas de hoxe para pasar un día entretido:

A BUSCA DO TESOURO: podedes esconder un obxecto na casa, e poñer pistas por todas partes. Por exemplo, a primeira pista na mesa da cociña, que poña “atoparás a seguinte pista no lugar onde gardas a roupa”, e que a seguinte pista esté nun armario. No armario outra pista que leve á seguinte... e así ata a pista que vos leve ao tesouro. Podedes xogar facendo vós as pistas e pedíndolle a alguén que faga a busca, ou ao revés: que vos fagan as pistas e vós buscades.

ENTREVISTAS: outra cousa que estou a facer con Carlos é que cada día videochamamos a unha persoa que el escolle, e lle fai unha entrevista. Así de paso ve a eses familiares e amigos que non pode ir ver. Carlos xa entrevistou aos catro avós e ao seu tío! Déixovos a plantilla por se a queredes imprimir, pero é moi sinxela de facer. E por certo, Carlos está a pegar estas entrevistas no seu diario 😉



Un día menos para vernos, peques! 😘