venres, 29 de maio de 2020

Venres, 29 de maio

Bos días, peques!

Imos aproveitar o noso último día en Xapón. Primeiro imos comer sushi, que vos parece?

Pero non o de verdade. Xa sabedes que á profe lle gustan moito as manualidades, así que imos facer sushi con plastilina.

Precisamos plasti negra. Amasámola e logo aplanámola deste xeito.


Engadimos os “ingredientes” que queiramos poñerlle: salmón (plasti rosa), millo (plasti amarela), pemento (plasti verde)... o que se vos ocorra.


Cando os teñamos todos, enrolamos a plastilina negra así:


E agora so temos que cortar para facer os anacos de sushi. OLLO: se tedes un coitelo de plastilina, podedes usalo, pero se ides usar un de verdade, pedídelle axuda a alguén da vosa casa para evitar cortarvos.


Logo se queredes podedes pegar as pezas na libreta de ciencias para que vos queden aí. E se non podedes xogar con elas, desmontalas e volver facer outro sushi distinto... déixoo á vosa elección.


A continuación un sudoku, que xa fixestes moitos, pero sabedes que son de Xapón? Pois aproveitamos e facemos estes dous. O primeiro podedes facelo con legos, se tendes.




Agora a escribir a postal dende Xapón, pero doutro xeito. A semana pasada recordades que me mandastes a postal a min por mail? Pois hoxe tamén a ides facer por mail, pero a un compi da case que escollades. Podedes preguntarlle a ese/esa compi a súa dirección e xa podedes enviarllo. E por suposto, se recibides vós un mail, contestádeo, si?


E xa so nos queda a visita por Tokyo, unha cidade impresionante que seguro que vos gusta. Tokyo é a capital de Xapón, e é unha cidade chea de tecnoloxía. Espero que vos guste!

https://goo.gl/maps/RKX38KcyxzG2qoq47


Xa vos gañastes o voso selo para o pasaporte! Moi ben explorado, peques!


Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario