Amosando publicacións coa etiqueta Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galego. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de xuño de 2020

Conto da profe Bea: a ra Tiddalik

Bos días raparigos e raparigas!

Despedimos Australia con este conto. E xa sabedes: podedes se queredes facer o traballo na libreta de biblio.


venres, 29 de maio de 2020

Conto da profe Bea: haikus

Ola, nenos!

Como estamos en Xapón imos aprender o que é in haiku ou jaiku.

O haiku é coma unha poesía xaponesa que con so tres versos expresa un sentimento breve e sinceiro. A inspiración para crealo vén normalmente da contemplación da natureza ou tamén de sentimentos coma o amor, a alegría...

Hoxe deixo a continuación algúns haikus para ler. Escollede un, e copiádeo na libreta de biblioteca. Logo facede o debuxo para ilustralo.



En Xapón tamén inventaron os kamishibais, que é unha forma distinta de contar contos: na parte de adiante cara ao público so aparecen ilustracións e na cara de atrás vai o conto escrito para ler. Xa contaremos un conto en kamishibai todos xuntos, xa veredes! Namentres aquí tedes un vídeo duns nenos que o fixeron así de ben:


venres, 22 de maio de 2020

Conto da profe Bea: A raíña trotamundos en China

Bo días, raparigos e raparigas!

Para despedirnos de China, imos acompañar á raíña trotamundos e ao seu cabalo viaxeiro na súa viaxe a China. Estade moi atentos, de seguro que xa sabedes moitas das cousiñas que van descubrir xuntos e deste xeito daremos un repaso a todo o aprendido nestes días e quen sabe se algunha cousiña máis. Bicos, rapaces!


domingo, 17 de maio de 2020

Día das letras galegas

Bos días, peques!

Hoxe é o día das letras galegas, e a pesares de ser domingo, facemos unha entrada para festexar este día tan especial para a nosa terra e a nosa lingua.

Aquí tedes o voso videoclip “Negra Sombra”. Quérovos dar as grazas de corazón a todos e todas porque sodes uns artistazos e estou súper orgullosa de vós. Desfrutádeo, peques!



Como sabedes, o día das letras, adicadas a Ricardo Carvalho Calero, está adiado ata que se poida celebrar no cole, pero iso non quita que poidamos ler un conto sobre el. É un conto contado polos vosos amigos os Bolechas, así que seguro que vos gusta! Debaixo do conto déixovos un xogo con preguntas sobre Carvalho Calero por se queredes xogar. É dun compañeiro meu, pero di que volo presta encantado!


Click aquí

Pincha na bandeira verde para empezar a xogar.

venres, 15 de maio de 2020

Conto da profe Bea: Maya e o ioga

Hoxe a profe Bea e as súas axudantes van contarnos un conto dunha nena que se chama Maya e vai de vacacións coa súa familia á India. India é un lugar estupendo para coñecer, e así xunto con eles, Ada e Noa e da man do ioga veredes unha chea de cousiñas para despedirnos deste marabilloso lugar. De seguro que vos gusta!



venres, 8 de maio de 2020

Conto da profe Bea: Loboferoz

Para despedirnos de Rusia, Bea e Ada cóntannos un relato ruso moi antigo de animais, da época cando os homes cazaban e as mulleres contaban historias sobre animais moi astutos que loitaban por sobrevivir. Rusia é un país de bosques, onde sempre hai un río coma o deste conto.


Como vedes, nesta historia o dereito á vida e a harmonía coa natureza acaban por impórse á maldade.

Acordádevos de facer o traballiño na libreta de biblioteca!

Por último, a canción. Espero que a cantedes e bailedes moito! 😘


xoves, 30 de abril de 2020

Conto da profe Bea

Chega o novo conto da profe Bea, que estou ben segura de que vos vai encantar. 😍

Deste conto, e dos anteriores que vos contou a profe Bea, podedes facer un debuxo del e poñer o título na libreta de biblioteca os que queirades. Coma sempre, é algo voluntario.


Se algún de vós se anima a contar un conto, podedes gravarvos contándoo, representándoo, con debuxos ou como se vos ocorra, e mandádesmo ao meu correo para que volo suba ao blogue. Tede en conta sempre que non se vos vexa a cara, vale?

Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 24 de abril de 2020

Conto da profe Bea: Rosa Caramelo

A profe Bea traenos outro conto, nesta ocasión “Rosa Caramelo”.



Aquí vos deixo as imaxes do conto e o conto dividido en 14 partes. A profe Bea déixavos libertade total para facer con elas o que máis vos apeteza: podedes imprimilas e xogar a ordenador o conto, podedes ordenar as imaxes como queirades e inventar outra historia, podedes recrear o conto con debuxos e copiar o texto, podedes xogar a unir cada imaxe co seu texto... ou podedes facer outro tipo de actividade con elas que se vos ocorra a vós. Por suposto, se non vos apetece, pois simplemente con escoitar o conto no vídeo xa está, vale?










venres, 17 de abril de 2020

Conto da profe Bea

Conto creado pola profe Bea para o proxecto da volta ao mundo1º 

Como na clase de lingua primeiro que imos facer é cantar a nosa canción dos contos:

Hoxe imos contar un conto: 



E antes de comezar pois imos cantar esta canción: Que bonito é viaxar.



Agora xa estamos listos, así que aí vai o conto: “Que bonito é viaxar” 

Había unha vez uns nenos e nenas que querían xogar, vivir aventuras e coñecer o mundo que é moi grande así que xunto coas súas profes comezaron a viaxe..…..
Para preparar a mochila pensaron que debían levar un gorro por si neses sitios que visitarían facía moito sol ou tamén podería servirlles como capucha se chovía así que fixeron o seu propio gorriño de papel.
Mirade como o fixeron..(facer un gorriño de papel cun folio)



A profe explioulles que o mundo é moi grande, e ten seis continentes e moitos mares e océanos así que decidiron que a primeira parada desa viaxe sería no Reino Unido pero para chegar ata alí precisaban ir en barco pois sería máis divertido e claro, como non tiñan barco pois o fixeronMirademirade.(seguimos coa papiroflexia e transformamos o gorriño nun barco).

Agora xa tiñan un fermoso barco xa podían navegar e atravesar o océano Atlántico. 
Como nos gustan moito os piratas a primeira parada tiña que ser Inglaterra, no Reino Unido. Trátase dunha illa e como toda illa que se precie ten que ter agochados moitos tesouros como os que hai na cidade de Londres, a cidade que visitaremos estes días e da que aprenderemos moitas cousiñas.
Así que navegando e navegando marchamos de viaxe e ao tempo que desfrutábamos da brisa mariña cantamos, xogamos  e bailamos con estas cancións:

Quero ser pirata

O pirata metepata


Dsúpeto unha forte treboada fixo moverse moito o barco dun lado ao outro, (de babor a estribor) e de diante para atrás (de propa a popa).
Un raio caeu sobre e barco e rompeu a proa, zas!! (rompemos un cachiño da esquina) e logo seguiron caendo lóstregos e outro raiorompe a popa, zas!! E un moitísmo mais forte rompe o mástil, zas!!!
Os piratas que somos moi valentes e nadamos moi ben non temos medo a nada, nin sequera as feras quenllasasí que como estabamos preto da beira sen nengún tipo de medo, lanzámonos ao mar e nadando coma os peixes…….e cantando esta canción para ter moita forza e non rendernos:

No mar hai moitos peixes


Cando chegamos á illa descubrimos que  o único que levabamosposto era a nosa camiseta…….(desfacer o barco esnaquizado para que se vexa). 



O importante é que estamos todos xuntos para coñecer e descubrir lugares deste fermoso país .

E colorín colorado, este conto non sabemos aínda se estará rematado…..
FIN

P.D. Bicos e apertas da profe Bea a as súas axudantas Noa (técnica de imaxe e son) e Ada (guión, atrezzo  e colaboracións).



Nota: Se queredes enviádelle á profe Diana algunha foto de cómo quedaron eses gorriñosbarquiños ou camiseta quedaremos encantadas!!!