Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

Xoves, 11 de xuño

Bos días!

Hoxe é o noso último día nos Estados Unidos. Imos empezar por propoñer 3 manualidades, e quero que vós escollades unha para facer. A que máis vos guste!

A primeira é unha flauta de pan. So precisades palliñas, cortalas de distintos tamaños, ordenalas de maior a menor, e pegalas. Ao soplar por elas notaredes que cada palliña emite unha nota distinta, e poderedes probar a facer soar unha melodía.

A segunda é un pau de chuvia. Precisades un tubo de cartón, decoralo, meterlle arroz, area ou pedriñas dentro, e cubrir os extremos con plástico de envolver.

A terceiro é un arco e unhas flechas. Para o arco precisades unha percha e un fío de lá atado nos extremos. Se tedes rotus permanentes, podedes decorar a percha. Para as flechas precisades paus de pincho moruno, e cartolina para as puntas. E tamén as podedes decorar cos rotus.

Déixovos as fotos. Nelas a maiores aparecen un tipi, pero iso xa o fixestes o martes nos vosos salóns e xardíns, así que facede coma que non está. E por certo: ENCANTÁRONME OS VOSOS TIPIS! ❤️




E xa so nos queda bailar unha última canción nativa americana e poñer o noso selo no pasaporte. E con isto rematamos a nosa volta ao mundo e xa volvemos a Vigo.





Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 9 de xuño de 2020

2º de primaria: PLÁSTICA

Bos días!

Hoxe propóñovos que fagades unha manualidade cunha caixa de ovos. Podedes decidir que facer. Eu coma sempre, déixovos ideas, pero podedes facer estas ou outras que se vos ocorran, vale? Desexando velas!






Martes, 9 de xuño

Bos días!

Hoxe imos facer unha actividades moi bonita que creo que vos vai gustar. Recordades os atrapasoños?


Como vos dixen, os nativos americanos usaban estes obxectos para espantar aos malos espíritus, e púñanos nas portas dos seus tipis. Pois é o que imos facer nós hoxe!

Primeiro temos que montar o noso tipi.

Podedes facelo dentro da vosa casa usando un par de sillas e unhas mantas, deste xeito...


... ou se tedes xardín ou patio e o preferides, precisades unha corda e unhas mantas.


Agora que temos o noso tipi, imos facer o noso atrapasoños. Podedes usar un plato de papel, ou se nontedes simplemente cartolina ou folio para facer o aro, e del podedes colgar o que queirades... déixovos un par de ideas para facelo.



Ao rematalo teredes que colgalo da porta do voso tipi, e xa so nos queda coller a libreta de linguas, un lapis, meternos dentro do tipi con ela e escribir na libreta eses medos ou pesadelos que queredes que se leve o voso atrapasoños.


Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 5 de xuño de 2020

Venres, 5 de xuño

Bos días, peques!

Seguimos aprendendo sobre os Estados Unidos? Vamos!


Recordades que vos falei do circuito de Indiannapolis? Nel fanse algunhas das carreiras de coches máis famosas do mundo. Mirade este vídeo de exemplo.


Se vos fixastes, na parte de arriba ían aparecendo uns números que nos dicían en que orde ían os coches.


Este tipo de números que nos indican a orde dalgo, chámanse números ordinais. Tédelos, por exemplo, nos cursos polos que ides pasar no cole: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Tamén se usan para indicar o resultado dunha carreira, os pisos dun edificio... están por todas partes! Imos practicalos ata o 10º.


Agora premede no enlace e a practicar! E despois se queredes podedes practicalo cos vosos coches, facer unha carreira e despois ordealos según como quedaron.



Ao longo da nosa estancia imos ir transformándonos en indios, vale?

Comezamos por facer a nosa coroa (penacho) indio. Podedes facela cos materiais que queirades e engadíndolle o que vos apeteza. Déixovos esta a modo de exemplo.



Cando a teñades, poñédela e xa podedes bailar esta canción!



Un día menos para vernos, peques! 😘

xoves, 4 de xuño de 2020

Xoves, 4 de xuño

Bos días!

Chegamos aos Estados Unidos! Vamos ver que cousas nos imos atopar mentres dure a nosa estancia neste país.



Primeiro de nada a bandeira. Como todas as bandeiras, esta tamén ten un significado. Vedes que ten unhas barras vermellas e unhas estrelas brancas? As 13 barras representan os estados orixinais do país antes de independizarse de Inglaterra. Saberiadesme dicir que significan as 50 estrelas?



E agora imos inventar o noso nome en indio, pero antes vamos ver un vídeo que nos explica o que son os nomes, e o que son os adxectivos. Xa falaramos dos nomes en clase, pero por se non vos lembrades, repasádeo.



Imos practicar isto antes de poñernos a escoller o noso nome indio. Xa sabedes: ao rematar premede en comprobar mis respuestas para ver que tal o fixestes.

https://es.liveworksheets.com/yn114806kf


E agora xa podemos inventar o noso nome indio! Recordades a Toro Sentado? Como vedes, el escolleu un nome, Toro, e un adxectivo, Sentado. Eu voume chamar, por exemplo... Profe Rockeira! Que bos parece? A que me queda ben? 😜

Espero ver ese nomes orixinais vosos!


Nada máis por hoxe. Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 2 de xuño de 2020

2º de primaria: PLÁSTICA

Boas, peques de segundo!

Apetécevos facer uns peixiños? É moi sinxelo!

Precisades:
- palliñas
- paus de pincho moruno
- folios de cores, ou brancos que podedes pintar vós mesmos.


Estou desexando ver como vos quedaron! ☺️

Martes, 2 de xuño

Bos días! Seguimos coñecendo Australia.


Hoxe imos coñecer os animais que podemos atopar en Australia. Imos ver un vídeo onde aparecen todos. Fixádevos ben.


Agora na libreta de ciencias, imos debuxar ou imprimir os seguintes animais e poñer o nome de cada un debaixo, vale?



Agora imos facer un boomerang, usando a técnica do origami que aprendemos en Xapón. Aquí tedes un vídeo sobre como facelo. Ao rematalo, podedes decoralo con debuxos típicos de Australia coma na foto.



E por último para hoxe, a canción que vos prometín do grupo de rock australiano AC&DC. Espero que vos guste e que a bailedes moitísimo!



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 1 de xuño de 2020

Luns, 1 de xuño

Bos días!

Estrenamos o mes de xuño chegando a Australia.

Coma sempre, comezamos cun vídeo que vos explica o que imos ver en Australia.



Seguimos coa bandeira de Australia, que como vos contei no vídeo, ten incluída a bandeira de Reino Unido por ser antigamente unha colonia dese país.



Agora imos describir a Ópera de Sydney. Na libreta de linguas, vale?


Déixovos o enlace para que visitedes a Ópera de Sydney se queredes.

https://goo.gl/maps/AeFnS9Xef9t3AVE99


E por último, uns problemas para que non esquezamos facelos! Premede no enlace e facédeo na propia ficha online. Ao rematar podedes darlle a comprobar os vosos resultados.



Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 29 de maio de 2020

Venres, 29 de maio

Bos días, peques!

Imos aproveitar o noso último día en Xapón. Primeiro imos comer sushi, que vos parece?

Pero non o de verdade. Xa sabedes que á profe lle gustan moito as manualidades, así que imos facer sushi con plastilina.

Precisamos plasti negra. Amasámola e logo aplanámola deste xeito.


Engadimos os “ingredientes” que queiramos poñerlle: salmón (plasti rosa), millo (plasti amarela), pemento (plasti verde)... o que se vos ocorra.


Cando os teñamos todos, enrolamos a plastilina negra así:


E agora so temos que cortar para facer os anacos de sushi. OLLO: se tedes un coitelo de plastilina, podedes usalo, pero se ides usar un de verdade, pedídelle axuda a alguén da vosa casa para evitar cortarvos.


Logo se queredes podedes pegar as pezas na libreta de ciencias para que vos queden aí. E se non podedes xogar con elas, desmontalas e volver facer outro sushi distinto... déixoo á vosa elección.


A continuación un sudoku, que xa fixestes moitos, pero sabedes que son de Xapón? Pois aproveitamos e facemos estes dous. O primeiro podedes facelo con legos, se tendes.




Agora a escribir a postal dende Xapón, pero doutro xeito. A semana pasada recordades que me mandastes a postal a min por mail? Pois hoxe tamén a ides facer por mail, pero a un compi da case que escollades. Podedes preguntarlle a ese/esa compi a súa dirección e xa podedes enviarllo. E por suposto, se recibides vós un mail, contestádeo, si?


E xa so nos queda a visita por Tokyo, unha cidade impresionante que seguro que vos gusta. Tokyo é a capital de Xapón, e é unha cidade chea de tecnoloxía. Espero que vos guste!

https://goo.gl/maps/RKX38KcyxzG2qoq47


Xa vos gañastes o voso selo para o pasaporte! Moi ben explorado, peques!


Un día menos para vernos, peques! 😘

xoves, 28 de maio de 2020

Xoves, 28 de maio

Bo día!

Sabiades que moitos dos vosos debuxos favoritos, e tamén os das vosas familias, fanse en Xapón? Bola de dragón, Pokémon, Digimon... este tipo de debuxos chámanse “manga”, pero... sabedes de onde vén o manga? Dos cómics! Iso é o que imos facer hoxe: un cómic.

Podedes escoller os personaxes, inventados ou sacados dalgún manga que vos guste e inventar a vosa propia historia. Para facelo podedes usar a libreta de linguas, e podedes dividir cada páxina nas viñetas (recadros) que precisedes. Non vos pido duración, pero si recordade que a vosa historia ten que ter un inicio, un problema, e un desenlace, vale? E podedes usar tantas páxinas da libreta como necesitedes, ou se vos parece máis cómodo, un folio.

Lembrade que o que digas os personaxes ten que ir en “bocadillos”, eses globos que aparecen porriba e indican quen fala en cada momento.


E por último recordarvos que podedes usar “onomatopeias”, que son os sons escritos.


Como isto vos vai levar bastante, e ademais temos inglés a maiores, non vos poño nada máis por hoxe. Se se vos fai moito podedes facelo en varios días, ou deixar o de inglés para mañán, vale? O importante é que o que fagades o fagades contentos e animados.

Un día menos para vernos, peques! 😘

mércores, 27 de maio de 2020

Mércores, 27 de maio

Boas! Apetécevos ir ver unha pagoda? Pois veña!

Aquí tedes o enlace para vela primeiro de nada.

https://goo.gl/maps/imz99x5AjrwcvC818

Agora imos ler sobre ela e responder unhas preguntas na libreta de linguas, vale?


1. ¿En qué países podemos encontrar pagodas?
2. ¿Con qué fin se construían?
3. ¿Qué atraen las pagodas?
4. ¿Qué tienen en su techo normalmente?
5. ¿Con qué decoraban las pagodas a veces?


Agora imos facer un paipai, que é un abanico típico de Xapón. Para facelo precisamos dous folios e dous depresores ou calquer outro tipo de pauciños.

Primeiro dobramos os dous folios ao longo deste xeito:


Despois dobramolos pola metade así:


Pegamos por dentro da doblez cada un dos folios.


Logo pegamos os dous folios entre si.


Xa so nos queda engadir os depresores.


Xa temos o noso paipai listo! Que ben nos vai vir coa calor que estamos tendo estes días!



E por último imos poñer o Kimono para bailar música típica de Xapón.



Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 26 de maio de 2020

2º de primaria: PLÁSTICA

O outro día fixemos un organizador para as nosas cousiñas. Hoxe imos facer un colgador que poderedes usar para colgar os vosos debuxos, a bata, a toalla... o que queirades!

O único que precisades é un cartón, decoralo como vos guste, e logo engadir a pinza (que tamén podedes pintar). Incluso podedes poñerlle varias pinzas dependendo de para que o queirades usar vós.

Iso si: obrigatorio pasalo ben facéndoo!


Martes, 26 de maio

Bo día, peques!

Hoxe imos coller o metro de Tokyo para ir a diversos lugares, pero primeiro temos que aprender a ler un mapa, porque mirade que lío de liñas de cores!


Por agora esquecede o mapa do metro, que imos aprender con algo moito máis sinxelo. Que vos parece facer un mapa da vosa casa? Tedes que debuxar os espazos coma se os virades dende arriba, coma dende un avión. Logo poñede o nome de casa habitación, para que vos quede máis ou menos algo coma isto:


Este tipo de mapas feitos coma se miraramos dende arriba chámase planos. Pois a ver que chulos vos quedan os planos das vosas casas!


Recordades as carpas do vídeo? Pois estes son os peixes koi, moi famosos en Xapón.


Apetécevos facer unha manualidade para ter os propios peixes koi e ampliar a nosa colección de cousas da volta ao mundo. Aquí a tedes. E se queredes podédeslle engadir un pauciño e un fío e que fagan de cana de pescar. Como vos guste a vós!



E por último imos aprender sobre a ceremonia do té. É unha tradición moi antiga de Xapón, e que se fai con moito silencio e moita paz arredor, e pódese meditar ou simplemente pechar os ollos e escoitar o silencio. Se queredes podedes probar na vosa casa.



Un día menos para vernos, peques! 😘

luns, 25 de maio de 2020

Luns, 25 de maio

Bo día! Collemos a maleta para ir ao noso novo destino: Xapón.

Introducimos cun vídeo sobre Xapón, coa diferenza de que desta vez non o fixen eu, pero creo que vos gustará moito igualmente e veredes nel moitas das cousiñas que imos traballar esta semana.



Comezamos coma sempre: debuxando a bandeira de Xapón, so que hoxe vos vou encargar unha tarefa de investigación a maiores: que significa o punto vermello da bandeira? En canto o descubrades, quero que mo contedes, vale?



Agora imos poñer o noso nome en xaponés. Seguro que xa vos destes conta de que as letras xaponesas se parecen moito ás chinesas, pero se as comparades darédesvos conta de que son distintas.



Por último para hoxe, imos practicar isto do origami. Aquí tedes un vídeo que vos indica como facer unhas gafas de sol de papel para vós. Espero que desfrutedes facéndoas! 



Se queredes facer máis figuras, tedes moitos vídeos en YouTube cunha infinidade de cousas, so tedes que buscalos. Iso si, quero ver fotiñas!

Un día menos para vernos, peques! 😘