xoves, 11 de xuño de 2020

Xoves, 11 de xuño

Bos días!

Hoxe é o noso último día nos Estados Unidos. Imos empezar por propoñer 3 manualidades, e quero que vós escollades unha para facer. A que máis vos guste!

A primeira é unha flauta de pan. So precisades palliñas, cortalas de distintos tamaños, ordenalas de maior a menor, e pegalas. Ao soplar por elas notaredes que cada palliña emite unha nota distinta, e poderedes probar a facer soar unha melodía.

A segunda é un pau de chuvia. Precisades un tubo de cartón, decoralo, meterlle arroz, area ou pedriñas dentro, e cubrir os extremos con plástico de envolver.

A terceiro é un arco e unhas flechas. Para o arco precisades unha percha e un fío de lá atado nos extremos. Se tedes rotus permanentes, podedes decorar a percha. Para as flechas precisades paus de pincho moruno, e cartolina para as puntas. E tamén as podedes decorar cos rotus.

Déixovos as fotos. Nelas a maiores aparecen un tipi, pero iso xa o fixestes o martes nos vosos salóns e xardíns, así que facede coma que non está. E por certo: ENCANTÁRONME OS VOSOS TIPIS! ❤️




E xa so nos queda bailar unha última canción nativa americana e poñer o noso selo no pasaporte. E con isto rematamos a nosa volta ao mundo e xa volvemos a Vigo.





Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario