Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

Xoves, 11 de xuño

Bos días!

Hoxe é o noso último día nos Estados Unidos. Imos empezar por propoñer 3 manualidades, e quero que vós escollades unha para facer. A que máis vos guste!

A primeira é unha flauta de pan. So precisades palliñas, cortalas de distintos tamaños, ordenalas de maior a menor, e pegalas. Ao soplar por elas notaredes que cada palliña emite unha nota distinta, e poderedes probar a facer soar unha melodía.

A segunda é un pau de chuvia. Precisades un tubo de cartón, decoralo, meterlle arroz, area ou pedriñas dentro, e cubrir os extremos con plástico de envolver.

A terceiro é un arco e unhas flechas. Para o arco precisades unha percha e un fío de lá atado nos extremos. Se tedes rotus permanentes, podedes decorar a percha. Para as flechas precisades paus de pincho moruno, e cartolina para as puntas. E tamén as podedes decorar cos rotus.

Déixovos as fotos. Nelas a maiores aparecen un tipi, pero iso xa o fixestes o martes nos vosos salóns e xardíns, así que facede coma que non está. E por certo: ENCANTÁRONME OS VOSOS TIPIS! ❤️




E xa so nos queda bailar unha última canción nativa americana e poñer o noso selo no pasaporte. E con isto rematamos a nosa volta ao mundo e xa volvemos a Vigo.





Un día menos para vernos, peques! 😘

mércores, 10 de xuño de 2020

Mércores, 10 de xuño

Bos días, peques!

Hoxe imos visitar Times Square. No vídeo do principio faleivos dunha bola que había alí, e pedíavos que vos fixarades nela.

Esa bola úsase en fin dano para dar as “badaladas”, que alí non se chaman así, simplemente fan unha conta atrás dende o 10 ao 0 durante os dez últimos segundos do ano, o día 31 de decembro (CUMPLE DO NOSO COMPI PAULO!). Neses dez segundos, a bola cae despaciño, e cando chega abaixo significa que acabou o ano e comeza o seguinte. Queredes velo?


Vistes? A bola forma parte dun reloxo!

Pois imos practicar a hora, vale?

https://es.liveworksheets.com/fo100062rb


Lembrades a danza da chuvia dos nativos americanos? Pois imos aproveitala para repasar o ciclo da auga, vale?

https://es.liveworksheets.com/as605507js


E agora a bailar outra canción! Acordádevos de poñer o penacho indio para bailala, vale?


venres, 5 de xuño de 2020

Venres, 5 de xuño

Bos días, peques!

Seguimos aprendendo sobre os Estados Unidos? Vamos!


Recordades que vos falei do circuito de Indiannapolis? Nel fanse algunhas das carreiras de coches máis famosas do mundo. Mirade este vídeo de exemplo.


Se vos fixastes, na parte de arriba ían aparecendo uns números que nos dicían en que orde ían os coches.


Este tipo de números que nos indican a orde dalgo, chámanse números ordinais. Tédelos, por exemplo, nos cursos polos que ides pasar no cole: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Tamén se usan para indicar o resultado dunha carreira, os pisos dun edificio... están por todas partes! Imos practicalos ata o 10º.


Agora premede no enlace e a practicar! E despois se queredes podedes practicalo cos vosos coches, facer unha carreira e despois ordealos según como quedaron.



Ao longo da nosa estancia imos ir transformándonos en indios, vale?

Comezamos por facer a nosa coroa (penacho) indio. Podedes facela cos materiais que queirades e engadíndolle o que vos apeteza. Déixovos esta a modo de exemplo.



Cando a teñades, poñédela e xa podedes bailar esta canción!



Un día menos para vernos, peques! 😘

martes, 2 de xuño de 2020

Martes, 2 de xuño

Bos días! Seguimos coñecendo Australia.


Hoxe imos coñecer os animais que podemos atopar en Australia. Imos ver un vídeo onde aparecen todos. Fixádevos ben.


Agora na libreta de ciencias, imos debuxar ou imprimir os seguintes animais e poñer o nome de cada un debaixo, vale?



Agora imos facer un boomerang, usando a técnica do origami que aprendemos en Xapón. Aquí tedes un vídeo sobre como facelo. Ao rematalo, podedes decoralo con debuxos típicos de Australia coma na foto.



E por último para hoxe, a canción que vos prometín do grupo de rock australiano AC&DC. Espero que vos guste e que a bailedes moitísimo!



Un día menos para vernos, peques! 😘

mércores, 27 de maio de 2020

Mércores, 27 de maio

Boas! Apetécevos ir ver unha pagoda? Pois veña!

Aquí tedes o enlace para vela primeiro de nada.

https://goo.gl/maps/imz99x5AjrwcvC818

Agora imos ler sobre ela e responder unhas preguntas na libreta de linguas, vale?


1. ¿En qué países podemos encontrar pagodas?
2. ¿Con qué fin se construían?
3. ¿Qué atraen las pagodas?
4. ¿Qué tienen en su techo normalmente?
5. ¿Con qué decoraban las pagodas a veces?


Agora imos facer un paipai, que é un abanico típico de Xapón. Para facelo precisamos dous folios e dous depresores ou calquer outro tipo de pauciños.

Primeiro dobramos os dous folios ao longo deste xeito:


Despois dobramolos pola metade así:


Pegamos por dentro da doblez cada un dos folios.


Logo pegamos os dous folios entre si.


Xa so nos queda engadir os depresores.


Xa temos o noso paipai listo! Que ben nos vai vir coa calor que estamos tendo estes días!



E por último imos poñer o Kimono para bailar música típica de Xapón.



Un día menos para vernos, peques! 😘

xoves, 21 de maio de 2020

Xoves, 21 de maio

Bos días!

Hoxe imos aprender sobre unha persoa china moi famosa que ao mellor coñecedes porque é un actor que sae nalgunhas películas moi divertidas que ao mellor xa vistes: Jackie Chan. Imos facer na libreta de linguas un ditado sobre el e despois podedes debuxalo ou imprimir este debuxo del.

“Es un artista marcial, comediante, cantante, actor y acróbata. Nació en Hong Kong. Hizo una película sobre “La vuelta al mundo en 80 días”.


E agora imos facer un farolillo chino. Precisades un folio de cor, ou pintade un branco. Dobrámolo pola metade ao longo deste xeito:


Facémoslle ao folio uns cortes deste xeito:


Agora pegamos ou grapamos así:


Xa so precisamos un frasco do tamaño que precisedes, metelo dentro e porlle a veliña para que alumee.



E para rematar por hoxe, imos aprender sobre a musica e o baile tradicional chino e sobre o kung fu, unha disciplina que naceu en China.




Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 15 de maio de 2020

Venres, 15 de maio

Bos días! Imos aproveitar o noso último día na India.

Sabedes quen é Gandhi? Foi un home que fixo moito pola paz no mundo, e de feito gañou o Nobel da Paz. Imos ver un vídeo sobre el.


Agora na libreta de linguas, quero que escribades as vosas ideas para conseguir a paz. Que se vos ocorre a vós? Que credes que podedes facer xa desde peques? Tedes feito algo nalgún momento para acadar a paz entre dúas persoas que estaban a pelexar? Desexando ver as vosas ideas!


Non nos podemos esquecer de escribir a nosa postal. Recórdovos como se fai: por diante un debuxo sobre a India, e detrás a mensaxe e o destinatario.



Agora imos aprender a bailar! Os que queirades podedes disfrazarvos de hindúes xa de paso.







Agora faremos a nosa visita virtual polo Taj Mahal e xa vos deixo o selo para o voso pasaporte.





Para o finde déixovos unha app por se vos apetece xogar nela. Chámase “Explora el mundo”.


Aquí tedes un vídeo sobre como funciona. E por suposto, non é obrigatorio!


Un día menos para vernos, peques! 😘 Bo finde!

xoves, 30 de abril de 2020

Xoves, 30 de abril

Bos días, peques! Seguimos a nosa viaxe por Exipto. Vamos!


Lembrades que no vídeo sobre Exipto falaban dunha faraona chamada Cleopatra? Foi unha das máis importantes, entón imos facer un pequeno ditado sobre ela na libreta de linguas, e debuxádea os que queirades, vale?

“Cleopatra fue una faraona del antiguo Egipto. También fue diplomática, comandante naval y escritora de tratados médicos.”


En Exipto adoraban coma se fosen deuses a algúns animais, coma os gatos ou os escaravellos. Imos investigar un pouco sobre eles entón. Facemos coma o outro día coa investigación do camelo, vale? Na libreta de ciencias debuxamos o animal, (gato e escaravello) poñemos o seu nome, e as súas características.



Os exipcios dábanlle moita importancia tamén ás xoias, sobretodo ás de ouro. Queredes facer un brazalete exipcio? Pois veña! Así podemos ampliar a nosa colección de recordos da volta ao mundo. Todo canto precisades é... EXACTO, un tubo de papel 😂 So tedes que pintalo e decoralo co que queirades, logo cortádelo ao longo e listo! Xa tedes o voso brazalete.



E xa so nos queda aprender a bailar coma os exipcios! Aquí tendes dúas cancións, espero que as bailedes moito!




E nada máis! Xa o sabedes todo sobre Exipto, así que aí vos vai o voso selo novo para o pasaporte!


Déixovos aquí o enlace para que vos deades un paseo a pe polas pirámides na fin de semana. A desfrutar!

https://www.google.com/maps/@29.9737482,31.1281144,2a,75y,181.91h,100.98t/data=!3m6!1e1!3m4!1sGz90Xhgv4HCBGzu_8pz0Gw!2e0!7i13312!8i6656


Vémonos o luns! Unha semana menos para vernos, peques! 😘😘😘

venres, 24 de abril de 2020

Venres, 24 de abril

Bos días, peques!

Hoxe é o noso ultimo día en Italia. E xa arrancamos para o noso seguinte destino!

Lembrades que onte falamos de Leonardo da Vinci? Fixemos unha actividade sobre a súa faceta de inventor, non? Pois hoxe imos facer outra sobre a súa faceta de pintor. Imos recrear o seu cadro máis famoso, “La Mona Lisa”. Podedes recrealo debuxándoo, ou se preferides, facendo unha foto vosa ou dalgún familiar.


Mentras facedes iso, podedes escoitar esta canción sobre Leonardo da Vinci que ben seguro coñecedes.



So nos queda que aprender o baile típico de Italia: a tarantella!



E como xa marchamos de Italia, imos escribir a nosa postal. Acordádesvos? Por un lado teremos que facer un debuxo dalgo que vimos en Italia, e polo outro escribir a nosa mensaxe e poñer os datos da persoa á que lle mandamos a postal.


E nada máis por hoxe! Xa marchamos de Italia porque xa o sabemos todo sobre este sitio. Así que aí tedes o voso segundo selo para o pasaporte!


Boa finde! Un día menos para vernos, peques! 😘

xoves, 23 de abril de 2020

Xoves, 23 de abril

Bos días, peques!

Hoxe é o noso penúltimo día en Italia. Imos visitar a Torre de Pisa, que é esa torre inclinada que vos ensinei no vídeo de Italia. E que vos parece facer unha? Así poderemos poñela ao lado da nosa cabina de Londres, para ir aumentando a nosa colección da volta ao mundo. E como non, farémolo cun tubo de papel hixiénico, pero se queredes facelo con outra cousa que se vos ocorra, sodes libres de experimentar coa vosa creatividade!

Precisamos desta dous tubos en vez de un. Metedes un dentro do outro coma na imaxe.


Logo, por dentro teredes que unilos con cinta adhesiva, coma na imaxe:


Agora pintamos todo de branco, que pode ser con cera, lápis ou témperas.


Por último xa so nos queda facer cun rotu negro as ventás por toda a torre. Recordade tamén cortarlle un anaquiño pequeno na parte de abaixo para que vos quede inclinada coma a torre de verdade.



Agora imos coñecer a Leonardo da Vinci, que foi o inventor máis importante de tódolos tempos. Aparte, tamén foi pintor, escritor, músico, matemático...

Imos ver un vídeo sobre el para coñecelo mellor (suxerido pola profe Bea).



Primeiro un pequeno ditado sobre el na libreta de linguas (podedes debuxalo tamén):

“Leonardo vivió en Italia y fue pintor, médico, arquitecto, científico, escultor, inventor, músico y escritor.”



Como inventor que foi, imos intentar recrear esta ponte que inventou el. Podedes facelo con palillos ou con depresores se tedes. Non vale usar cola ou pegamento! Ao rematalo podedes probar a poñer algún moneco sobre el, e veredes que a ponte non cae!



Un día menos para vernos, peques! 😘

venres, 17 de abril de 2020

Venres, 17 de abril.

Bos días! Outro día máis en Londres, pois imos desfrutalo!

Hoxe imos visitar o Big Ben e o Parlamento. Supoño que xa vos fixastes en que o Big Ben ten un gran reloxo na súa parte superior, pero... vós sabedes ler as horas? Seguro que si, pero por se acaso non, podedes ver este vídeo que vos fixen sobre as horas e como lelas.



Agora na libreta de mates, sabedes dicir que hora marca o Big Ben nestas imaxes?





Agora imos aprender sobre Shakespeare. Non o coñecedes? Pois é un dos escritores máis famosos do Reino Unido de tódolos tempos. Imos facer un pequeno ditado sobre el na libreta de linguas. E o que queira, pode debuxalo despois do ditado.

Fue un escritor, poeta y actor inglés. Es el escritor más importante en lengua inglesa. Escribió ‘Romeo y Julieta’.”



E por último, que seguro que o estades desexando, unha musiquiña inglesa, non? Pero primeiro unha pregunta: que grupo inglés me gusta moito? Exacto! QUEEN! O grupo que, xuntos cos Beatles e os Rolling Stones, son os máis importantes de Inglaterra. Así que aquí vos deixo varias cancións deles. A BAILAR!






Xa o sabemos todo de Londres! Así que xa podedes poñer o primeiro selo no voso pasaporte. Aquí o tedes para debuxar:


E aproveitando que é fin de semana, déixovos un enlace para que vos dedes un paseo virtual por Londres os que queirades. Apareceredes nun barco percorrendo o río Támesis, pero se vos arrimades á beira, poderedes recorrer as súas rúas tamén. So tedes que ir premendo nas flechiñas para movervos, e podedes ir xirando a imaxe en todo momento para ir vendo o que hai ao voso redor.


Un día menos para vernos, peques! 😘