Lembrades que no vídeo sobre Exipto falaban dunha faraona chamada Cleopatra? Foi unha das máis importantes, entón imos facer un pequeno ditado sobre ela na libreta de linguas, e debuxádea os que queirades, vale?
“Cleopatra fue una faraona del antiguo Egipto. También fue diplomática, comandante naval y escritora de tratados médicos.”
En Exipto adoraban coma se fosen deuses a algúns animais, coma os gatos ou os escaravellos. Imos investigar un pouco sobre eles entón. Facemos coma o outro día coa investigación do camelo, vale? Na libreta de ciencias debuxamos o animal, (gato e escaravello) poñemos o seu nome, e as súas características.
Os exipcios dábanlle moita importancia tamén ás xoias, sobretodo ás de ouro. Queredes facer un brazalete exipcio? Pois veña! Así podemos ampliar a nosa colección de recordos da volta ao mundo. Todo canto precisades é... EXACTO, un tubo de papel 😂 So tedes que pintalo e decoralo co que queirades, logo cortádelo ao longo e listo! Xa tedes o voso brazalete.
E xa so nos queda aprender a bailar coma os exipcios! Aquí tendes dúas cancións, espero que as bailedes moito!
E nada máis! Xa o sabedes todo sobre Exipto, así que aí vos vai o voso selo novo para o pasaporte!
Déixovos aquí o enlace para que vos deades un paseo a pe polas pirámides na fin de semana. A desfrutar!
https://www.google.com/maps/@29.9737482,31.1281144,2a,75y,181.91h,100.98t/data=!3m6!1e1!3m4!1sGz90Xhgv4HCBGzu_8pz0Gw!2e0!7i13312!8i6656
Vémonos o luns! Unha semana menos para vernos, peques! 😘😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario