Hoxe é o noso penúltimo día en Italia. Imos visitar a Torre de Pisa, que é esa torre inclinada que vos ensinei no vídeo de Italia. E que vos parece facer unha? Así poderemos poñela ao lado da nosa cabina de Londres, para ir aumentando a nosa colección da volta ao mundo. E como non, farémolo cun tubo de papel hixiénico, pero se queredes facelo con outra cousa que se vos ocorra, sodes libres de experimentar coa vosa creatividade!
Precisamos desta dous tubos en vez de un. Metedes un dentro do outro coma na imaxe.
Logo, por dentro teredes que unilos con cinta adhesiva, coma na imaxe:
Agora pintamos todo de branco, que pode ser con cera, lápis ou témperas.
Por último xa so nos queda facer cun rotu negro as ventás por toda a torre. Recordade tamén cortarlle un anaquiño pequeno na parte de abaixo para que vos quede inclinada coma a torre de verdade.
Agora imos coñecer a Leonardo da Vinci, que foi o inventor máis importante de tódolos tempos. Aparte, tamén foi pintor, escritor, músico, matemático...
Imos ver un vídeo sobre el para coñecelo mellor (suxerido pola profe Bea).
Primeiro un pequeno ditado sobre el na libreta de linguas (podedes debuxalo tamén):
“Leonardo vivió en Italia y fue pintor, médico, arquitecto, científico, escultor, inventor, músico y escritor.”
Como inventor que foi, imos intentar recrear esta ponte que inventou el. Podedes facelo con palillos ou con depresores se tedes. Non vale usar cola ou pegamento! Ao rematalo podedes probar a poñer algún moneco sobre el, e veredes que a ponte non cae!
Un día menos para vernos, peques! 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario