luns, 25 de maio de 2020

Luns, 25 de maio

Bo día! Collemos a maleta para ir ao noso novo destino: Xapón.

Introducimos cun vídeo sobre Xapón, coa diferenza de que desta vez non o fixen eu, pero creo que vos gustará moito igualmente e veredes nel moitas das cousiñas que imos traballar esta semana.



Comezamos coma sempre: debuxando a bandeira de Xapón, so que hoxe vos vou encargar unha tarefa de investigación a maiores: que significa o punto vermello da bandeira? En canto o descubrades, quero que mo contedes, vale?



Agora imos poñer o noso nome en xaponés. Seguro que xa vos destes conta de que as letras xaponesas se parecen moito ás chinesas, pero se as comparades darédesvos conta de que son distintas.



Por último para hoxe, imos practicar isto do origami. Aquí tedes un vídeo que vos indica como facer unhas gafas de sol de papel para vós. Espero que desfrutedes facéndoas! 



Se queredes facer máis figuras, tedes moitos vídeos en YouTube cunha infinidade de cousas, so tedes que buscalos. Iso si, quero ver fotiñas!

Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario