xoves, 28 de maio de 2020

Xoves, 28 de maio

Bo día!

Sabiades que moitos dos vosos debuxos favoritos, e tamén os das vosas familias, fanse en Xapón? Bola de dragón, Pokémon, Digimon... este tipo de debuxos chámanse “manga”, pero... sabedes de onde vén o manga? Dos cómics! Iso é o que imos facer hoxe: un cómic.

Podedes escoller os personaxes, inventados ou sacados dalgún manga que vos guste e inventar a vosa propia historia. Para facelo podedes usar a libreta de linguas, e podedes dividir cada páxina nas viñetas (recadros) que precisedes. Non vos pido duración, pero si recordade que a vosa historia ten que ter un inicio, un problema, e un desenlace, vale? E podedes usar tantas páxinas da libreta como necesitedes, ou se vos parece máis cómodo, un folio.

Lembrade que o que digas os personaxes ten que ir en “bocadillos”, eses globos que aparecen porriba e indican quen fala en cada momento.


E por último recordarvos que podedes usar “onomatopeias”, que son os sons escritos.


Como isto vos vai levar bastante, e ademais temos inglés a maiores, non vos poño nada máis por hoxe. Se se vos fai moito podedes facelo en varios días, ou deixar o de inglés para mañán, vale? O importante é que o que fagades o fagades contentos e animados.

Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario