martes, 26 de maio de 2020

Martes, 26 de maio

Bo día, peques!

Hoxe imos coller o metro de Tokyo para ir a diversos lugares, pero primeiro temos que aprender a ler un mapa, porque mirade que lío de liñas de cores!


Por agora esquecede o mapa do metro, que imos aprender con algo moito máis sinxelo. Que vos parece facer un mapa da vosa casa? Tedes que debuxar os espazos coma se os virades dende arriba, coma dende un avión. Logo poñede o nome de casa habitación, para que vos quede máis ou menos algo coma isto:


Este tipo de mapas feitos coma se miraramos dende arriba chámase planos. Pois a ver que chulos vos quedan os planos das vosas casas!


Recordades as carpas do vídeo? Pois estes son os peixes koi, moi famosos en Xapón.


Apetécevos facer unha manualidade para ter os propios peixes koi e ampliar a nosa colección de cousas da volta ao mundo. Aquí a tedes. E se queredes podédeslle engadir un pauciño e un fío e que fagan de cana de pescar. Como vos guste a vós!



E por último imos aprender sobre a ceremonia do té. É unha tradición moi antiga de Xapón, e que se fai con moito silencio e moita paz arredor, e pódese meditar ou simplemente pechar os ollos e escoitar o silencio. Se queredes podedes probar na vosa casa.



Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario