Conto creado pola profe Bea para o proxecto da volta ao mundo1º
Como na clase de lingua o primeiro que imos facer é cantar a nosa canción dos contos:
Hoxe imos contar un conto:
E antes de comezar pois imos cantar esta canción: Que bonito é viaxar.
Agora xa estamos listos, así que aí vai o conto: “Que bonito é viaxar”
Había unha vez uns nenos e nenas que querían xogar, vivir aventuras e coñecer o mundo que é moi grande así que xunto coas súas profes comezaron a viaxe..…..
Para preparar a mochila pensaron que debían levar un gorro por si neses sitios que visitarían facía moito sol ou tamén podería servirlles como capucha se chovía así que fixeron o seu propio gorriño de papel.
Mirade como o fixeron…..(facer un gorriño de papel cun folio)
A profe explioulles que o mundo é moi grande, e ten seis continentes e moitos mares e océanos así que decidiron que a primeira parada desa viaxe sería no Reino Unido pero para chegar ata alí precisaban ir en barco pois sería máis divertido e claro, como non tiñan barco pois o fixeron: Mirade, mirade….(seguimos coa papiroflexia e transformamos o gorriño nun barco).
Agora xa tiñan un fermoso barco xa podían navegar e atravesar o océano Atlántico.
Como nos gustan moito os piratas a primeira parada tiña que ser Inglaterra, no Reino Unido. Trátase dunha illa e como toda illa que se precie ten que ter agochados moitos tesouros como os que hai na cidade de Londres, a cidade que visitaremos estes días e da que aprenderemos moitas cousiñas.
Así que navegando e navegando marchamos de viaxe e ao tempo que desfrutábamos da brisa mariña cantamos, xogamos e bailamos con estas cancións:
Quero ser pirata
O pirata metepata
De súpeto unha forte treboada fixo moverse moito o barco dun lado ao outro, (de babor a estribor) e de diante para atrás (de propa a popa).
Un raio caeu sobre e barco e rompeu a proa, zas!! (rompemos un cachiño da esquina) e logo seguiron caendo lóstregos e outro raiorompe a popa, zas!! E un moitísmo mais forte rompe o mástil, zas!!!
Os piratas que somos moi valentes e nadamos moi ben non temos medo a nada, nin sequera as feras quenllas, así que como estabamos preto da beira sen nengún tipo de medo, lanzámonos ao mar e nadando coma os peixes…….e cantando esta canción para ter moita forza e non rendernos:
No mar hai moitos peixes
Cando chegamos á illa descubrimos que o único que levabamosposto era a nosa camiseta…….(desfacer o barco esnaquizado para que se vexa).
O importante é que estamos todos xuntos para coñecer e descubrir lugares deste fermoso país .
E colorín colorado, este conto non sabemos aínda se estará rematado…..
FIN
P.D. Bicos e apertas da profe Bea a as súas axudantas Noa (técnica de imaxe e son) e Ada (guión, atrezzo e colaboracións).
Nota: Se queredes enviádelle á profe Diana algunha foto de cómo quedaron eses gorriños, barquiños ou camiseta quedaremos encantadas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario