martes, 19 de maio de 2020

Martes, 19 de maio

Bo día!

Imos ir de paseo ata a cidade prohibida de Pekín. Imos ir nun dos transportes típicos de China: o triciclo.


(Na libreta de mates, vale?) Primeiro percorremos 12 kilómetros, despois 14 e por ultimo 15. Cantos kilómetros percorremos en total?


E chegamos á cidade prohibida de Pekín. Mirade que chula é!


Pero temos un problemiña... non imos poder entrar a menos que descifremos o contrasinal para que nos baixen a ponte levadiza! 😱 É un código de 5 caracteres, e as pistas son estas:

1. A quinta letra do abecedario.
2. O número que falta nesta secuencia: 5<_<7
3. O resultado de 9-6=
4. A última letra do abecedario.
5. O resultado de 2+2+2+2=

Cando o teñades, premede na bandeira verde e introducídeo aquí a ver se está correcto.




Perfecto! Fostes quen de desbloquear a ponte levadiza e xa podedes entrar a ver esta cidade única no mundo.



E por último imos facer arroz 3 delicias, pero na libreta de ciencias. Temos que debuxar unha cunca máis ou menos coma esta:

Onde vai o arroz, ides botar unha cantidade xenerosa de cola e porriba ides pegarlle arroz para facer a nosa cunca de arroz. Se tedes por casa uns palillos chinos, podedes pegalos tamén ou se non debuxalos simplemente. De título poñede “arroz tres delicias”, e aquí vos deixo a receita por se a queredes facer un día destes.



Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario