martes, 24 de marzo de 2020

Martes, 24 de marzo

Bos días, peques! Como van esas tarefas? Espero que ben. Aquí van as de hoxe!

MATEMÁTICAS: Como onte aprendemos co cocodrilo o maior e o menor que, xa estades preparadísimos para facer as páxinas 136 e 137 do libro. Fixádevos ben, vale?


LENGUA CASTELLANA: Seguimos coas descricións! Hoxe toca ler unhas poucas e debuxar as caras. Se non podedes imprimir, debuxádeas na libreta de linguas.



NATURAIS: Que vos parece se plantamos unha legume? Pois veña! Precisamos un vasiño de iogur, ou dos de cristal, ou se tedes unha pequena maceta na casa tamén nos vale. No fondo do vaso tendes que poñer un pouco de algodón do de curar as feridiñas, e empapalo en auga. So empapado, non vos pasedes coa auga se non afogaredes a vosa legume. Por último so tedes que escoller a legume (faba, lentella, garavanzo...) e poñela porriba do algodón. E listo! Observádea ben porque xa mañán pode ser que vexades cambios nela!


PLÁSTICA: Chegou a primavera, peques! E seguindo con isto de aproveitar os rollos de papel hixiénico que tedes por casa, imos facer esta fermosa flor. Podedes pintala con témperas ou rotus. Estou desexando ver como vos quedaron!



INGLÉS: Sei que o estades desexando, así que aquí vos vai o xogo do monstro das cores que tanto vos gusta que vos poña na clase. É da mesma app do outro día, tinytap, así que espero que non teñades problemas! Volume a tope e a bailar na última diapositiva!


Un día menos para vernos, peques!😘


Ningún comentario:

Publicar un comentario