mércores, 25 de marzo de 2020

Mércores, 25 de marzo

Bos días, peques! Listos para un novo día? Pois vamos!


MATEMÁTICAS: Preciso a vosa axuda eu esta vez... lieime co prezo das froitas e agora non sei como facer. Podedes axudarme dicíndome canto vale cada froita? Podedes facelo na libreta de mates, ou de cabeza se vos atrevedes.

🍎+🍎=20
🍎+🍊=15
🍊+🍓=7
🍓+🍌=5


CIENCIAS SOCIAIS: Carlos e eu fixemos unha manualidade co Sol, a Terra e a Lúa. Queredes facela? Nela repasaremos os movementos da Terra, e por que se producen os eclipses. Pero deixo que volo conte Carlos que o explica mellor ca min 😉



Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario