luns, 20 de abril de 2020

Luns, 20 de abril

Bos días, peques!

Para comezar a semana, algo lixeiriño. Como xa marchamos do Reino Unido, temos unha tarefiña pendente. Que solemos facer sempre cando viaxamos? Pois mandar unha postal dende o lugar onde estamos a algún amigo ou familiar. Iso é o que podemos facer hoxe.

As postais son coma tarxetas que por diante teñen unha imaxe do lugar onde nos atopamos, e polo outro o oco para escribir o que queremos dicir, e o nome e a dirección da persoa á que lle escribimos.

Exemplo de postal por diante

Postal por detrás 
Pois isto é o que quero que fagades hoxe. Que debuxedes a vosa propia postal escollendo algo que vos gustara moito de Londres, e que escribades a postal por detrás. Non fai falla que o fagades dun folio enteiro, podedes partir un folio á metade ou en cuatro partes e chega ben de tamaño.


Como isto vos vai levar bastante tempo, para hoxe so vos poño a maiores ver unha curta sobre o optimismo. Gustaríame que pensarades niso do optimismo (ver o lado bo das cousas, aínda que non nos parezan boas). Espero que vos guste!



Un día menos para vernos, peques!😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario