Quero que vexades este vídeo no que vos explico onde está Londres, e que cousas imos ver alí.
O primeiro que imos facer é a bandeira do Reino Unido na libreta de ciencias. Podedes imprimila ou debuxala, como prefirades.
No Reino Unido falan inglés, así que imos escribir os nosos nomes en inglés ao lado da bandeira que pintastes.
Xián ➡️ Julian
Quique ➡️ Henry
Artai ➡️ Artai
Daniela ➡️ Danielle
Ángel ➡️ Angel
Paulo ➡️ Paul
Candela ➡️ Candle
Ada ➡️ Ada
Ángeles ➡️ Angy
Julián ➡️ Julian
Lucas ➡️ Luke
Lucas ➡️ Luke
Sabrina ➡️ Sabrine
Manuel ➡️ Emmanuel
Nicole ➡️ Nicole
Agora imos dar unha volta no bus de dous pisos, que os parece? Parece que vai bastante cheo... a ver se sabedes dicirme, na libreta de mates, se podemos subir todos.
“No bus van 7 persoas no piso de arriba e 6 no piso de abaixo. Nós somos 15 (14 peques e eu). Se poden ir como máximo 30 persoas no bus, poderemos subir nós?”
E por último, propoñovos que fagades, se queredes, a receita de “fish and chips” na vosa casa. Aquí vola deixo. Podedes copaiala na libreta de linguas se queredes. E se a facedes, por suposto quero ver fotos!
Un día menos para vernos, peques! 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario