Bos días! Veña, a levantarse, que hai aproveitar o día para ver máis cousiñas de Londres!
Pola cidade de Londres pasa un río que se chama Támesis en español, e Thames en inglés. Imos investigar un pouquiño sobre el. Quero que leades este texto sobre ese río, e despois, na libreta de linguas respondades ás preguntas que vos fago ao lado, vale?
Agora imos montar no London Eye, a noria que está en Londres. Para montar nela, primeiro teremos que pagar a entrada, non? Pois imos ver canto temos que pagar entón. Iso si, na libreta de mates.
“A entrada vale 1€ por cada persoa. Como somos 15, canto teremos que pagar?”
E por último, imos ver como son as cabinas esas de Londres, recordades? Precisaredes, como non, un tubo de papel hixiénico. Tumbádeo e aplastádeo deste xeito:
Despois volvedes facer o mesmo pero sobre o outro lado do tubo:
E listo! Xa tedes un cadrado que poderedes decorar coma unha cabina de Londres! So tedes que pintalo de vermello e facerlles os cristais azuis, que podedes facer con rotus, témperas, pegatinas... o que queirades!
Un día menos para vernos, peques! 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario