luns, 27 de abril de 2020

INGLÉS 1º e 2º (LAPBOOK 1)

Bo día! Como vos dixen a semana pasada, hoxe imos empezar un traballo de inglés que nos vai levar uns cantos días, pero seguro que vos gustará porque imos facer un lapbook do corpo humano. Os de primeiro xa fixeron algún conmigo pero cos de segundo non me deu tempo, así que vos explico como se fai.

Primeiro precisamos un papel, cartolina ou cartón (fino) tamaño A3. Se non tedes, non vos preocupedes porque o podemos fabricar nós xuntando dous folios como vedes na imaxe:


Para seguir, temos que dobrar do seguinte xeito:



E xa temos listo o noso lapbook para empezar a engadirlle cousiñas. Iremos pouco a pouco cada día para ir enchéndoo, vale?

Imos empezar por escoitar esta canción sobre o monstro das cores para recordar o vocabulario das emocións, que vai ser o primeiro que fagamos no noso lapbook.



Ben, agora que xa lembrades as palabras, imos engadir na primeira solapa o vocabulario das emocións. Imos debuxar os emojis e ao lado imos poñer o nome desas emocións coa cor de cada unha. Arriba, de título imos poñer FEELINGS (emocións en inglés).



O xoves seguimos engandindo cousiñas, vale? ☺️

Ningún comentario:

Publicar un comentario