Primeiro de nada, un pequeno vídeo que vos fixen para explicar as partes nas que se divide a Terra. A ver se vos gusta!
Agora, para que vexades que ben o entendestes, imos poñer neste mapa o nome dos océanos e dos continentes. Coma sempre, non fai falla que o imprimades, podedes debuxalo na libreta de ciencias. E por suposto, podedes despois coloealo como prefirades.
E para viaxar precisamos un pasaporte. O pasaporte é o documento que usamos para identificarnos noutros países. Sen el, non poderíamos ir a algúns países do mundo, así que é súper importante. Podedes imprimir este, ou facervos un vós mesmos nun folio.
Primeiro temos que escribir nel os nosos datos: nome, apelidos, data de nacemento, firma e foto ou debuxo, como fixo Carlos:
Despois teredes que dobralo ao longo, pegalo, e volvelo dobrar ata facer o “libriño” que será o noso pasaporte. Déixovos as fotos do de Carlos para que vexades como facelo.
Lembrade gardalo nun sitio no que non o perdades, pois imos precisalo ao longo da nosa viaxe. Podedes, por exemplo, pegar un sobre na libreta de ciencias e metelo dentro, como podedes ver.
E xa temos todo listo para comezar a nosa viaxe a partires de mañán!
INGLÉS: Hoxe déixovos práctica libre. Podedes escoller calquera dos vídeos ou xogos que hai no blogue (pinchade na etiqueta de inglés para que vos saian) e repasalo.
Un día menos para vernos, pequesa, 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario