xoves, 2 de abril de 2020

Xoves, 2 de Abril

Bos días, peques! Imos cun novo día, o penúltimo antes das vacacións.


MATEMÁTICAS: Hoxe toca un problema!

“Carlos tiene hambre. Primero se come 3 galletas. Como aún tiene hambre, se come otras 4. Luego acaba comiéndose 2 más. ¿Cuántas galletas se comió en total?”


LENGUA CASTELLANA: A ver se sodes capaces de relacionar as palabras da esquerda coas da dereita! Trátase de ler ben e pensar antes de unir, así que non corrades! Por suposto, podedes facelo na libreta de linguas.




INGLÉS: Quero que collades o voso “Book of feelings” e usedes as gafas da alegría (happiness), para dar unha volta pola vosa casa con elas postas para ver todo HAPPY. Logo podedes facer un debuxo do máis alegre que vistes e enviarmo, poñendo no debuxo “I AM HAPPY”. 



Un día menos para vernos, peques! 😘

1 comentario:

  1. Grazas Diana por todo o material disponible; Paulo está traballando moi ben. As manualidades estamos compartíndoas coa clase e está sendo moi divertido!!! Paulo disfrutou de ver a casa con lentes amarelas, di que é como ver a través do sol. Disfrutade da semana santa e a volta vémonos no blog ou nas aulas.

    ResponderEliminar