Coma sempre, primeiro un vídeo sobre a India.
E agora, a bandeira da India e o voso nome en hindi, que como vedes, ten unhas letras tamén distintas ás nosas.
E agora imos investigar sobre as especias da India, que como vos dixen no vídeo inicial son moi importantes neste país.
Na libreta de ciencias imos facer o noso “Especiario”. Precisamos sal e tizas para colorear o sal, pero se non tedes tizas podedes usar as vosas ceras. Collemos un pouquiño de sal, pintámolo da cor dunha das especias, botamos un pouco de pegamento na libreta e pegamos o sal, poñendo ao lado o nome desa especia. Facemos o mesmo coas outras que vos poño aquí. Se queredes, podedes investigar sobre outras especias e engadilas. E se tedes algunha destas especias na casa e queredes usalas en vez de pintar o sal, podedes facelo tamén.
Un día menos para vernos, peques! 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario