mércores, 13 de maio de 2020

Mércores, 13 de maio

Bos días.

Hoxe imos visitar o famoso Taj Mahal, que foi un momumento que un antigo emperador fixo contruír para a súa muller. Primeiro imos ver un vídeo sobre a historia deste monumento.



E agora imos facer un puzzle. So tedes que tocar as pezas e arrastralas ao seu sitio. Déixovos a imaxe para que vos sirva de guía.






E agora imos facer o noso elefante indio. Precisades un tubo de papel hixiénico, pintádelo de gris, e engadídeslle as orellas, a trompa e os ollos co que se vos ocorra. Déixovos de exemplo este que fixemos Carlos e eu.



Por último un experimento. Na India son moi famosos os seus pigmentos (cores), que fabrican con todo tipo de materiais. Nós imos facer auga máxica, usando auga, aceite e colorante. Primeiro botamos nun vaso auga ata case enchelo, logo un chorro de aceite, e por último unhas gotiñas de colorante alimentario. Remexemos todo cunha cuchara e botámolo nun frasco con tapa. Xa veredes o que pasa e xa mo contaredes! 😉

Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario