mércores, 20 de maio de 2020

Mércores, 20 de maio


Bos días! Seguimos en China vendo cousiñas.

Acordádesvos que onte fomos en triciclo? Fixástesvos que o triciclo ten 3 rodas? Pois hoxe imos ordenar estes vehículos de menos a maior segundo o seu número de rodas, vale? Podedes debuxalos ou escribir os nomes dos vehículos, pero lembrade ir poñendo o simbolo < despois de cada un.


En China hai un clima que se chama monzón, que é nunha época do ano na que chove moito. MOITÍSIMO. Pero... sabedes por que chove? Como chega esa auga toda ao ceo, e por que cae en forma de chuvia, saraiba ou neve? Pois agora imos facer un experimento, pero primeiro imos ver un vídeo que nos explica o ciclo da auga.


E agora imos crear o noso propio ciclo da auga en miniatura. Previsades unha bolsa de conxelar, un rotu permanente, e auga! Co rotu imos debuxar na bolsa o mar, a montaña, as nubes e un río.


Agora botamos un pouco de auga dentro da bolsa e pechámola ben.


E por último imos pegar a bolsa nunha ventá onde dé o Sol, con cinta adhesiva por exemplo. Co tempo veredes que se forman pequenas gotiñas na parte superior da bolsa. Se pasades o dedo porriba desas gotiñas, xuntarédelas entre elas, e ao xuntalas pesarán demasiado e caerán de novo ao fondo da bolsa. É dicir, que faredes chover dentro da vosa bolsa! 


Como xa vos dixen, un dos animais máis famosos de China é o dragón, así que imos facer unha máscara de dragón. Podedes debuxala vós mesmos, pero tendo en conta que sexa do tamaño da vosa cara.


Cando a teñades feita, so tedes que recortala e poñerlle ou ben unha goma, ou ben un pau depresor pegado por detrás para agarrala. Non vos esquezades de recortar os ollos para que poidades ver con ela posta! 


Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario