xoves, 7 de maio de 2020

Xoves, 7 de maio


Bo día, meus peques! Seguimos nesta viaxe!

Sabedes quen é Valentina Tereshkova? Pois foi a primeira muller astronauta da historia, e era rusa, así que imos facer un pequeno traballo sobre ela e debuxala se queredes, pero antes imos ver un vídeo sobre ela, vale?


Agora, na libreta de linguas, podedes escribir as cousas que máis vos gustou aprender sobre esta muller e debuxala tamén. Espero as vosas fotiñas!


Recordades as matrioskas? Pois imos facela entón! Precisamos desta vez tres rollos de papel hixiénico (se vos animades, podedes probar con máis, pero con tres pode chegar).

Primeiro tedes que cortalos para facelos máis pequenos e pegalos con cinta adhesiva por dentro do seguinte xeito:


Despois xa so tedes que debuxar e pintar as monecas e listo! A xogar con elas!



Un día menos para vernos, peques! 😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario