Bos días neste día de regreso a Vigo!
Como última actividade, imos coller o mapa do mundo que fixestes ao principio do proxecto, e ides marcar o percorrido que fixemos nel, engadindo o nome dos países que visitamos. Recórdovolos:
Reino Unido
Italia
Exipto
Rusia
India
China
Xapón
Australia
Estados Unidos
Estivemos case 80 días dando a volta ao mundo, igual ca Willy Fog! Supoño que xa todos vistes a serie de Willy Fog completa. E se vos digo que eses debuxos están baseados nun libro? Pois si! Se clickades no enlace, levaravos ao libro. Avísovos que é moi longo, pero por se queredes lelo aí volo deixo.
Este libro foi escrito, como vedes, por Julio Verne. Cando sexades máis maiores e mooooito máis lectores aínda do que o sodes agora, recoméndovos calquer libro del porque son todos xeniais.
O caso é que no seu libro “20000 leguas de viaje submarino”, na historia fan unha parada en Vigo. E como homenaxe, na zona do náutico en Vigo temos unha estatua dedicada a Julio Verne. Aquí vos deixo o enlace para que a visitedes, pero se vos animades o finde ou calquer outro día, ide visitala en persoa, facédevos unha foto e mandádesma, vale?
https://goo.gl/maps/YJ37Yfx6NgGUWkXLA
E nada máis, meus peques. Espero que vos gustara moito este proxecto e que o pasarades ben aprendendo cousiñas doutros países viaxando sen saír da casa. Para min foi un pracer compartir esta viaxe con vós. Quérovos moito, peques! 😘😘❤️❤️❤️
Ningún comentario:
Publicar un comentario